Non ás centrais de biogás preto das vivendas (O Saviñao, Lugo)

906

¡Alcancemos 1000 firmas!
¡Las peticiones con más de 1000 firmas tienen 5 veces más posibilidades de ganar!

El problema

 O Saviñao é un concello eminentemente rural, mais empresas especuladoras e contaminantes queren dificultar a vida e baixar o prezo das nosas vivendas instalando unha central de biogás onde se queimarán xurro e outros refugallos como lodos de depuradora, a escasos 200 metros das casas e a 800 metros dun núcleo urbano. 

Ademais, na parte baixa do terreo, existe un manancial que abastece de auga a Sanxumil (Vilaesteva), un lugar sen traída municipal de auga. 

 

 

 

 

A parte alta do terreo está afectada por un conxunto de mámoas que está nunha leira contigua. 

 

 

 

 

Non só afectará ao lugar de Sanxumil. As parroquias de Segán, San Vitorio, o núcleo urbano de Currelos, a parroquia de Chave, e por suposto, os lugares de Vilaesteva, Castro, Córneas tamén sufrirán as consecuencias. Camións cheos de xurro e lodos procedentes de moitos lugares de fóra do concello, pasarán polas nosas estradas e por diante das nosas casas. 

Nas proximidades a unha central de biogás, a vida faise moi difícil debido aos cheiros das substancias almacenadas aí, por moito que prometan que son herméticos, tal e como di outra xente que as ten preto.

https://www.youtube.com/watch?v=9-kUSGMTSFU

 

 

 

A posibilidade de accidentes danaría a contorna natural e tamén as nosas terras das que sacamos alimentos para nós e para os nosos animais. 

 

Por todas estas razóns, pedimos que asinedes a petición que será presentada no concello do Saviñao para que entendan que non queremos unha central destas características preto das vivendas.

Actualizaciones de la petición