Non á fonte no Parque dos Condes

Firmantes recientes
Inmaculada B Soto y 13 personas más han firmado la petición recientemente.

El problema

Máis verde, máis sombra, máis vida para o noso parque
O Parque dos Condes é un dos espazos públicos máis queridos e utilizados pola veciñanza de Monforte. Un lugar para pasear, descansar, xogar coa infancia ou simplemente gozar da natureza no centro da cidade.

Recentemente iniciáronse as obras de reforma do parque, que inclúen a construción dunha fonte ornamental de aproximadamente 25 metros de diámetro, cun custo estimado de 677.000 euros de fondos públicos.

Como iniciativa veciñal queremos expresar unha idea sinxela:

  • O parque é para desfrutar. Non precisamos unha fonte xigante.
  • O que necesitamos é máis coidado do parque, máis verde, máis sombra e máis vida.

Un parque máis natural, non máis intervencións innecesarias
As cidades de hoxe enfróntanse a retos ambientais cada vez maiores: aumento das temperaturas, perda de biodiversidade e necesidade de máis espazos verdes.

Por iso, as políticas urbanas actuais apostan por:

  • protexer as árbores existentes
  • incrementar a superficie verde
  • naturalizar os espazos públicos
  • reducir intervencións innecesarias

Instalar unha fonte de gran tamaño nunha zona verde consolidada vai na dirección contraria destas recomendacións.

As árbores maduras proporcionan sombra, reducen a temperatura urbana, melloran a calidade do aire e fan os parques máis habitables. Son un patrimonio ambiental que tarda décadas en formarse.

>> Árbores xa retiradas
Co inicio das obras xa se retiraron algunhas árbores da zona afectada para facer espazo á nova fonte.

Isto preocupa a moitas veciñas e veciños, xa que a perda de árbores consolidadas supón un impacto ambiental e paisaxístico importante nun dos parques máis emblemáticos da cidade.

>> Dúbidas técnicas sobre o proxecto
Nos últimos días tamén se fixeron públicas deficiencias e dúbidas técnicas en relación con algúns aspectos do proxecto, especialmente sobre:

  • o cumprimento da normativa de accesibilidade
  • a viabilidade do transplante de árbores de gran porte

Consideramos que cuestións deste tipo deberían estar claramente resoltas antes de continuar coa execución dunha obra deste alcance.

>> Recursos públicos con sentido
A construción desta fonte supón un investimento de 677.000 euros de diñeiro público.

Moitas persoas pregúntanse se esta é realmente a prioridade máis necesaria para Monforte neste momento ou se sería máis útil investir eses recursos en mellorar servizos e infraestruturas que beneficien directamente á veciñanza.

O parque é noso. Defendámolo entre todas e todos.

Queremos un Parque dos Condes máis verde, con máis sombra, ben coidado e pensado para as persoas.

Non precisamos unha fonte xigante. Precisamos coidar o que xa temos.

Por iso PEDIMOS:

  • revisar o proxecto da fonte prevista no parque
  • protexer a zona verde e as árbores existentes
  • priorizar actuacións que melloren realmente o parque

Se tamén cres que o Parque dos Condes merece máis natureza e menos intervencións innecesarias, asina e comparte esta petición.

O parque é de todas e todos. Defendámolo. 🌳

585

Opiniones de firmantes

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 5 de marzo de 2026