Evita o peche da oficina de Muface de Santiago de Compostela

Petición cerrada

Esta petición ha conseguido 660 firmas

El problema

O peche da oficina de Muface en Santiago de Compostela, previsto para o vindeiro 30 de setembro, obrigará a todas as persoas usuarias a desprazarse ata A Coruña, onde está a única sede provincial. Este peche afecta a traballadores e traballadoras como mestres e mestras, profesorado, persoal de conservatorio, policía nacional, traballadoras e traballadores de Correos... pero tamén centos de xubilados e xubiladas que teñen moitas máis dificultades para facer xestións telemáticas.

Deixar á capital de Galicia sen esta oficina non só é un atentado cara os dereitos das traballadoras e traballadores senón un novo ataque á nosa comunidade.

Non deixes que ocorra e asina!

avatar of the starter
CCOO ENSINOCreador de la petición

Actualizaciones de la petición