Máis luces e menos lumes!

El problema

APA Gatocan, Asociación Indican-Iniciativa Dignidad Canina, Asociación Micos e Nós, Asociación Xuntos As Mariñas, Asociación Cometa, APADAN, Santuario Vacaloura, ABAC Cedeira, Asociación Gatuchinhos, Arco da Vella, SOS Pelines, O Legado de Max, Protectora de animales San Francisco de Asís, Asociación Protectora Amigos de los perros de Carballo,

EXPOÑEN:

Petardos, bombas e demais pirotecnia son detonados nas nosas rúas e iluminan o ceo durante as festas de cada concello, provocando accidentes, mortes e problemas de saúde tanto a persoas con discapacidade (anciáns, enfermos, menores de idade que os manipulan sen a supervisión dalgún adulto) como a animais non só domésticos, tamén fauna silvestre, pois non posúen a capacidade de racionalizar a súa ansiedade e sofren dunha forma máis crúa e intensa de terror, sobre todo os cans engaiolados ou encadeados, pois o seu sufrimento habitual (permitido polo xeral por silenzo administrativo), vese agravado por esta práctica tan perniciosa da que non poden fuxir nin buscar acubillo xa que permanecen inmobilizados pola cadea ou as gaiolas. Noutras ocasións, saltan valados ou foxen despavoridos sen rumbo fixo e non poucos rematan perdidos ou atropelados sen atoparen nunca o camiño de volta á casa.

Ansiedade, medo descontrolado, taquicardia ou, nalgúns casos, a morte por infarto é máis que posible. Centos de cans e gatos atropelados ou defenestrados ao fuxir polo pánico que lles producen as explosións, xa que a capacidade auditiva dos gatos (65.000 ciclos por segundo) e dos cans (60.000 ciclos por segundo) diferénciase da das persoas (20.000 ciclos por segundo) pola súa grande aptitude para captar sons a altas frecuencias, o que lles provoca “hipersensibilidade auditiva”.

A nosa maneira de relacionarnos evolucionou. Por que estas prácticas tan daniñas á hora de festexar e celebrar non o fixeron? A día de hoxe deberían quedar obsoletas por mor da aplicación da tecnoloxía, o avance cultural, o respecto e a empatía cara ás vítimas e ao propio planeta, que tamén sofre por esta sobreexposición, xa que os fogos artificiais contribuén a quentar este fogar común. A comunidade científica chegou á conclusión de que os artefactos empregados na pirotecnia poden disparar de maneira severa os niveis de contaminación das cidades, e con iso potenciar o cambio climático.

Por todo o anteriomente exposto, por non existir lexislación unificada e actualizada sobre esta problemática, e perante o descontrol constante en cada festa popular ou celebración familiar que remata con pirotecnia,

SOLICITAMOS á Xunta de Galicia e aos Concellos, no que sexa da súa competencia:

- Apostar polo uso da chamada pirotecnia branca, con menor ou nulo impacto sonoro, e outras fórmulas análogas, luminosas pero silenciosas.

- Regular o horario e días de utilización de pirotecnia, por exemplo cun Bando de Alcaldía para as festas e incluír propostas relacionadas co uso por parte de particulares.

- Limitar a cantidade que se pode mercar por persoa.

- Prohibir o uso de pirotecnia a menores de idade con sancións ás persoas responsables que o permitan.

- Aumentar as multas en caso de non actuar acorde á lei.

- Prohibir o uso nas zonas residenciais ou espazos pechados.

Por suposto a nivel persoal e racional consideramos que debería erradicarse todo tipo de pirotecnia explosiva e substituíla por pirotecnia lumínica ou denominada silenciosa, xa que son moitos os danos colaterais e mortes detrás dela. A vida dános máis luz que calquera lume artificial!!

Festexemos dende o respecto á vida e ao planeta!

#máislucesmenoslumes #nonápirotecnia #pirotecniacero #avidadánosmáisluzquecalqueralumeartificial #pirotecniacambioclimático #seoutrossofrennonéunhafesta #apirotecnianonéunxogo 

2049

Los destinatarios de la petición

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 10 de octubre de 2022