Lumes en Galiza: Dimisión do Director Xeral de Montes e cambio radical da xestión

0 pessoa já assinou. Ajude a chegar a 1.500!


En declaracións á CRTVG, o responsable de montes da Xunta manifestou que desde a administración autonómica “xa se prevía unha forte actividade incendiaria” na segunda semana de setembro e nomeadamente no Macizo Central Ourensán, áreas nas que os lumes son recorrentes e especialmente virulentos en días previos ás chuvias. Diante destas palabras, non podemos entender como a Xunta de Galiza non reforzou o equipo humano e material de extinción, nin tomou especiais medidas de prevención e vixilancia nestas áreas de extraordinario valor ambiental para evitar que estes lumes se chegasen a producir. Chama a atención que estes grandes lumes forestais teñan lugar ademais nunha campaña contraincendios na que a Xunta se gabou especialmente de dotar os montes galegos de constante vixilancia con tecnoloxías innovadoras, como drons, cámaras e medios aéreos, que supostamente estaban destinadas a peneirar aquelas zonas de especial incidencia incendiaria.

Numerosas entidades sindicais, agrarias, ecoloxistas e sociais do país (as abaixo asinantes) pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, por non dispoñer as medidas de prevención e vixilancia necesarias para evitar a catástrofe incendiaria que está a vivir a provincia de Ourense, en particular, as áreas afectadas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e do Macizo Central.

En tan só tres días o lume leva asolado en Ourense 9000 hectáreas de superficie, segundo datos da Xunta (máis de 10.000 Ha, segundo fontes non oficiais), das que 3000 Ha pertencen ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, e ao Parque transfronteirizo Xurés-Geres, onde gran parte da reserva integral do parque xa quedou totalmente arrasada polo lume. A día 16/09/2020 aínda persisten 9 grandes focos de lume activos en cuxa extinción se están a poñer en risco centos de vidas.

Mais info: http://www.adega.gal/novas.php?id=1014&idioma=gl&sec=7

Asinan o presente comunicado:
Amarelante S. Coop. Galega
Amigos da Terra
A Rente de Chan- PLADEVER
Asociación Ambiental Petón do Lobo
Asociación Cultural Bidueiro
Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM)
Asociación Galega de Apicultura (AGA)
Asociación Galega Cova Crea
Asociación Frouma
Asociación Montes da Galiza – Montegal
Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)
Colectivo Agrocuir da Ulloa
Comunidade de Montes de Sabuguido
Comunidade de Montes Veciñais Man Común de Castiñeira
Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Mormentelos
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Ecoloxistas en Acción Galiza
Federación Rural Galega (FRUGA)
Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes (GEAS)
Kunterbunt Design
Mina Touro-O Pino Non
Monte Pindo Parque Natural
Rede Galega por un Rural Vivo
Sindicato Labrego Galego (SLG)
Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM)
Salvemos as Fragas de Catasós
Verdegaia