Recoñecemento profesional da Educación Social na Xunta de Galicia

El problema

A Educación Social é unha profesión que diariamente se esforza e traballa para que se garantan os dereitos e a calidade de vida das persoas. É necesario que desde a administración pública se contribúa a este traballo a través do debido recoñecemento á profesión de Educación Social, apostando por unha atención interdisciplinar como garantía de calidade nos servizos socioeducativos especializados, así como deixando de fomentar o intrusismo profesional.

Ante a próxima convocatoria de oferta de emprego público da Xunta de Galicia, que inclúe 86 postos de “Educador/a”, manifestamos o seguinte:

  • A titulación de Educación Social creouse no ano 1991 e impartiuse por primeira vez nas Universidades galegas no curso 1994/1995. Moi pronto consolidouse na oferta académica de practicamente a totalidade das universidades públicas e privadas do estado español, e neste momento, xa todas as comunidades autónomas teñen o seu colexio profesional oficial de Educación Social. Ata este momento, tituláronse en Educación Social en Galicia máis de 4300 persoas.
  • Esta titulación foi creada a partir da inquedanza das e dos profesionais de ámbitos educativos especializados que tomaron conciencia de que a súa acción educativa tiña un corpo propio que daba forma a unha profesión para a que era necesaria unha formación académica especializada que non existía nese momento.
  • A pesar de ser hoxe unha profesión consolidada, definida e identificable, enfróntase aínda a unha serie de problemas que se derivan dun principal, que é a falta do debido recoñecemento por parte das administracións públicas.
  • A Lei de Emprego Público de Galicia (2015), ao establecer as escalas e especialidades do persoal da administración autonómica, obvia a denominación “Educador/a social”, continuando coa antiga denominación do posto “Educador/a” e emparellándoo con titulacións diversas, ademais da de Educación Social. Situación herdada de moitos anos atrás, que na actualidade resulta totalmente anacrónica e inadecuada. As outras titulacións admitidas para estes postos teñen recoñecida sen embargo de xeito paralelo a súa especialidade propia, coa denominación e requisitos correctos e acordes á realidade académica.
  • Dende a súa creación no ano 2001, O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia leva insistindo ante a Xunta de Galicia na necesidade de resolver esta situación, achegando propostas que respectan o dereito laboral adquirido das persoas que actualmente xa estean ocupando eses postos, independentemente da súa titulación.

Consonte con isto, SOLICITAMOS:

  • Que na convocatoria de postos de “Educador/a” que está próxima a publicarse recolla como único requisito académico de acceso a titulación universitaria de “Educación Social” (diplomatura ou grao) ou habilitación profesional como educador/a social.
  • Que se modifique a Lei de Emprego Público para adaptala á realidade académica, de xeito que se elimine a denominación “Educador/a” e pase a ser “Educador/a Social”.

En definitiva, reclamamos que a Xunta de Galicia sexa coherente coa realidade académica e profesional, como xeito de asegurar non só os dereitos das persoas tituladas en Educación Social no seu acceso e permanencia no mercado laboral senón tamén os do conxunto da cidadanía, ao garantir actuacións e servizos de calidade prestados polas/os profesionais idóneas/os.

avatar of the starter
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de GaliciaCreador de la petición
Esta petición ha conseguido 5549 firmas

Los destinatarios de la petición

Jose Maria Barreiro Diaz
Jose Maria Barreiro Diaz
Director Xeral da Función Publica

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 15 de octubre de 2019