O recente informe emitido pola Valedora do Pobo, en resposta ás queixas presentadas polas familias do CEIP Ramón de la Sagra, por denegar a Xefatura de Inspección educativa a cobertura dunha praza de catálogo de mestre de primaria no noso centro, pode dicilo máis alto, pero non máis claro e emite argumentos que desmontan totalmente o argumentario da Consellería de Educación:
- O catálogo non fai asignacións globais ás unidades existentes no centro senon que especifica os cadros de persoal docente da etapa e especialistas.
- A asignación dun tutor para 1º de Primaria é un dereito do alumnado.
- O exercicio da función titorial non está contemplado entre as tarefas que a dirección pode asignar ao profesorado que non cubra as vinte e cinco horas lectivas.
Solicita á Consellería de Educación:
- Que se adopten as medidas precisas para garantir a provisión de todas as prazas de mestre de EP previstas no catálogo para o CEIP Ramón de la Sagra, e se garanta tamén o exercicio da función titorial no primeiro curso de Educación Primaria asignándolle esta titoría a quen corresponda.
E recórdalles a necesidade de que no prazo dun mes:
- dea conta a esta Institución da aceptación da recomendación formulada, de ser o caso, e das medidas adoptadas para darlle efectividade, tamén se é o caso.
Srs. Indalecio Cabana e Rubén Ponte, Sr. Conselleiro de Educación, Sr. Delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, interveñan e fagan cumplir a normativa vixente, expresada no catálogo de postos docentes e cubran a praza que lle corresponde ao CEIP Ramón de la Sagra, tal e como lles indica de forma razonada a Sra. Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, na resolución que lles fixo chegar, e como veñen demandando as familias, a dirección do centro, a ANPA, o colectivo Construir Escola Pública, os sindicatos, o goberno local da Coruña, a oposición no Parlamento de Galicia e toda a comunidade educativa. Deixen de seguir perxudicando ao correcto funcionamento e ao benestar dos nenos e nenas que, lembren, son os principais perxudicados e son quenes están a sufrir, xunto con todo o claustro de profesores, as consecuencias da súa decisión. Agradecemos de antemán as disculpas e a rectificación que debe producirse o antes posible para evitar o agravamento desta crítica e extragavante situación que provocaron.
Familias do CEIP Ramón de la Sagra