Non a contaminación da madeireira HB de Infesta-Betanzos. Infesta non se contamina.

Esta petición conseguió 321 firmas

La causa

INFESTA NON SE CONTAMINA

-MANIFESTO-


"O respeto á natureza debe marcar outra forma de vida" Manolo Rivas.


Ben entrados no século XXI, a sociedade está a tomar medidas para evitar actividades nocivas para a nosa saúde e calidade de vida. Preservar a calidade do ár que respiramos, as augas que bebemos e os alimentos que consumimos, son tarefas fundamentais para nós e tamén para as xeracións futuras.

En Infesta (Betanzos) e outros lugares colindantes padecemos dende hai decenios a actividade industrial dunha madeireira (hoxe HB) de grande carga de traballo que emite fumes, e verte lodos e productos químicos aos regatos. A veciñanza de Infesta é testemuña directa das consecuencias destas emisións nos seus cultivos, nas súas fiestras e mobiliario de xardíns e nos seus vehículos día tras día. Pero as consecuencias medioambientais non só afectan a Infesta e arredores, a propria cidade de Betanzos, como receptora dos fumes e residuos dos regatos e ríos sen a pureza mínima das súas augas, e unha precaria depuración de resíduos, tamén é unha afectada directa. A historia da factoría madeireira está chea de denuncias e posteriores promesas que á vista da situación, foron sistemáticamente incumpridas. Inspeccións con suspeitas de previo aviso dende administracións encargadas de facer cumprir as directivas medioambientais, e con impunidade após dos verquidos de lodos (o último en agosto de 2021), e a falta de transparencia na afectación desta actividade á nosa saúde, obríganos a constituírnos en plataforma co nome INFESTA NON SE CONTAMINA coas seguintes medidas:

1- Convidar á veciñanza de Infesta e arredores, afectadXs directXs e persoas solidarias a sumarse á plataforma.

2- Iniciar contactos coa empresa como principal causa da suspeitosa contaminación, o concello, como representante dXs veciñXs, a Xunta como titular de medioambiente e coas forzas políticas de Betanzos e todos aqueles estamentos relacionados co asunto para que tomen conciencia da gravidade do problema e se busquen solucións efectivas.

3- Reunirse cos sindicatos para manifestarlles a nosa vontade de manter a actividade industrial, os postos de traballo e a saúde e seguridade dXs traballadorXs.

4- Solicitar avaliacións, estudos e inspeccións da actividade de HB por organismos independentes que garantan o cumprimento das directivas medioambientais europeas.

5- Indemnizar a afectadXs e reparar danos causados.

6- Realizar campañas de sensibilización social e outras medidas de presión si fose necesario para buscar solucións reais, constatábeis e efectivas.


Por unha convivencia saúdable, respetuosa co medio-ambiente e a calidade de vida, 

Infesta non se contamina!

En Betanzos, no mes de xaneiro de 2022.

 

Los tomadores de decisiones

info@betanzoshb.es, dxcalidadeambiental@xunta.gal
info@betanzoshb.es, dxcalidadeambiental@xunta.gal

Actualizaciones de la petición