Por el mantenimiento del Centro de Salud de Soutelo de Montes.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2.500!


Veciños e colectivos de Soutelo de Montes e a súa contorna únense na defensa do Centro de Saúde de Soutelo de Montes logo de que se confirmase que o SERGAS estuda o seu peche. Desde o colectivo O Can de San Roque avanzan que "non nos vale que o SERGAS diga que está estudiando a situación e que nin confirma nin desminte a noticia porque só aceptamos que nos digan que o centro permanece aberto como ata agora".

A preocupación en Soutelo de Montes é dobre, por un lado polas persoas maiores e dependentes que poderían verse moi prexudicadas se Soutelo de Montes queda sen centro de saúde e por outro lado polo impacto negativo que tería para os comercios e negocios da localidade. Por este motivo, nos próximos días concretarán as primeiras medias a tomar para evitar que esta proposta se converta nunha realidade e agardan que canto antes o SERGAS retire a proposta inicial e entenda que a dispersión poboacional, a falta de transporte público e a poboación envellecida deben terse en conta para ter o Centro de Saúde aberto.

O centro de Saúde de Soutelo de Montes foi inaugurado a finais dos anos 80 nuns terreos que inicialmente foran cedidos polo pobo para escolas. Na actualidade conta con dous médicos e un practicante e cubre as parroquias de Tras do Monte, A Madalena, Ventoxo, Millerada, Santa Mariña de Presqueiras, San Miguel de Presqueiras e Pardesoa.



Hoy: Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque cuenta con tu ayuda

Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque necesita tu ayuda con esta petición «Firmar esta petición para el mantenimiento del Centro de Salud de Soutelo de Montes.». Únete a Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque y 1.850 personas que ya han firmado.