Esixir unha resolución xusta para o Grao de Traballo Social da USC
El problema
Unha vez máis, o estudantado de Traballo Social vemonos obrigadas a organizarnos para esixir ser escoitados. Dende a Asemblea estudantil Matrícula 0 poñemos en marcha esta recollida de firmas esixindo unha resposta por parte da Xunta á situación que levamos vivindo nos últimos 2 anos.
O noso Grao, que ten caracter concertado e adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, leva dous anos nun proceso de desadscripción e incorporación ó sistema público. Inicialmente, no curso 24/25, comunicousenos que o proceso remataría antes do curso académico 26/27, pero chegado ó curso pasado, a USC dixo que non sería posible cumprir ese prazo e que o grao non sería público ata o curso 27/28. Ó iniciar o curso académico actual, comunicousenos que ese prazo tampouco se cumpriría, e nin sequera temos garantizado que o grao será público para o curso 28/29. A USC leva 2 anos prometendo que no seguinte curso se resolvería a situación, e 2 anos incumprindo a súa promesa!
Por todo isto, vemonos obrigadas a dar de novo un paso adiante para esixír que se nos escoite e que se implementen medidas para compensar ó estudantado polas promesas incumpridas por parte das institucións involucradas: A USC e a Xunta. O estudantado leva sendo enganado durante 2 anos, pensando que o vindeiro ano xa non terá que pagar as cuotas exorbitantes (preto de 3000 euros por curso, como mínimo), e atopandose nunha realidade moi distinta. A situación é similar para o persoal da Facultade, tanto docente coma non docente, que está nunha situación inseguridade laboral, non sabendo onde traballarán o vindeiro curso. O primeiro paso que damos é esta campaña de recollida de firmas, para esixir que a Xunta e a USC que cumpran XA o prometido, que se atendan ás necesidades do estudantado e do persoal do centro, e unha reparación económica dos danos causados por esta situación.
Pedimos é resolucion mediante compensación economica por parte da USC e da Xunta de Galicia
SE APOIAS A NOSA LOITA. FIRMA A PETICIÓN!

899

Opiniones de firmantes
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 9 de octubre de 2026