Equiparar salarios das traballadoras de limpeza en Pontevedra
El problema
Somos traballadoras do servizo de limpeza do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, adscritas ao Lote 1 do contrato público de limpeza. Facemos exactamente o mesmo traballo que as nosas compañeiras de Santiago de Compostela: mesmas funcións, mesmo horario (15:00–22:30), mesma carga física e o mesmo contrato público. Porén, cobramos entre 360€ e 420€ menos ao mes, podendo superar os 600€ en compañeiras con máis antigüidade. Isto supón case 5.000€ menos ao ano.
Esta situación non só é inxusta senón que tamén viola o principio de retribución igual para traballo igual. Non hai razón para esta discrepancia salarial tendo en conta que ambas as delegacións pertencen á mesma administración autonómica e o labor desempeñado polas traballadoras dos dous lugares é idéntico e de igual valor.
A Lei de Contratos do Sector Público esixe que os contratos sexan executados baixo as mesmas condicións que establece a entidade contratante, garantindo a equidade e evitando discriminacións salariais.
Demandamos que a Xunta de Galicia revise e rectifique esta inxustiza, equiparando os nosos salarios cos das nosas compañeiras de Santiago de Compostela. De non ser así, preguntámonos que mensaxe pretende dar a administración á poboación: que a contribución das traballadoras de Pontevedra vale menos? Non podemos aceptar esta discriminación silenciada.
Solicitamos o voso apoio para lograr unha solución xusta e equitativa. Ao asinar esta petición, estás a apoiar ás traballadoras de Pontevedra para que reciban o recoñecemento económico que lles corresponde polo seu arduo traballo e dedicación. Unídevos a nós nesta loita pola igualdade salarial asinando a nosa petición hoxe mesmo.

1422

Opiniones de firmantes
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 27 de noviembre de 2025