Neuigkeit zur PetitionSALVAR LAS PINTURAS MURALES DE LABRADA de GUITIRIZ (LUGO)PROPOSTA DE INTERVENCIÓN. FASE 1: EVACUACIÓN DE PLUVIAIS E REXUNTADO DO MU
luis Angel Rodriguez PatiñoLa Coruña, GA, Spanien
12.08.2014
PROPOSTA DE INTERVENCIÓN. FASE 1: EVACUACIÓN DE PLUVIAIS E REXUNTADO DO MURO SUR As humidades detectadas, aparecen provocados pola incorrecta evacuación das pluviais da superficie do tellado e da base dos muros do templo, pola deficiencia do arrexuntado existente entra as pedras dos muros e polo acaroado dunha escaleira de acceso á espadana no muro S. Dita escaleira -construída nas reformas efectuadas á igrexa no século XVIII-, provoca un efecto nocivo sobre o muro ao proxectar as augas caídas pola mesma, realizar un efecto de absorción e acumulación de auga e o constante salpicado provocado polo goteo en días de choiva. Deste xeito, realízase por parte do equipo redactor, unha proposta de actuación , cuxa primeira fase consistiría nas seguintes accións: 1. Colocación dun canalón perimetral ao tellado do templo, que recolla as augas da superficie do mesmo. 2. Escavación dunha gabia perimetral externa acaroada aos muros da igrexa, que permita a evacuación das pluviais e evite o ascenso da humidade dende o solo vexetal, ao interior dos muros. 3. Arrexuntado das pedras que conforman os muros e escaleira con morteiro de cal. Mario César Vila Arquitecto Técnico Arqueólogo-Técnico en Patrimonio Cultural
Link kopieren
WhatsApp
Facebook
E-Mail
X