Petition updateSALVAR LAS PINTURAS MURALES DE LABRADA de GUITIRIZ (LUGO)ANTECEDENTES DE ESTA PETICION

luis Angel Rodriguez PatiñoLa Coruña, GA, Spain
Aug 11, 2014
3. ANTECEDENTES
En agosto de 2012, o párroco da Igrexa de Santa María de Labrada (Guitiriz-Lugo),
D. Luís Rodríguez Patiño, advertiu do deterioro progresivo que estaban a sufrir as pinturas murais de dita igrexa. Dita circunstancia, motivou que o equipo redactor da proposta, nos puxéramos en contacto co párroco, así coma cos técnicos do Concello de Guitiriz e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, de cara á elaboración dunha
proposta de intervención que permitira a conservación e restauración das pinturas murais do século XV, que se conservan no interior da igrexa.
O 21 de setembro de 2012, realizouse unha visita á igrexa por parte dun equipo de restauradoras especializado na restauración e recuperación de pinturas murais e o coordinador do proxecto.
En dita visita comprobouse o problema aparece motivado pola procedencia da humidade entrante polo muro S da igrexa (as pinturas do muro N consérvanse en perfecto estado), provocada polo efecto das augas pluviais. Así mesmo elaborouse unha proposta de limpeza e recuperación das pinturas, que sería necesario acometer unha vez retirada as humidades do interior do templo.
Estas circunstancias son postas en coñecemento da dirección técnica da presente proposta, quen advirte que as humidades son provocados pola incorrecta evacuación das pluviais da superficie do tellado e da base dos muros do templo, pola deficiencia do arrexuntado existente entra as pedras dos muros, agravándose a situación, polo acaroado dunha escaleira de acceso á espadana no muro S, construída nas reformas efectuadas á igrexa no século XVIII. Dita escaleira provoca
un efecto nocivo sobre o muro ao proxectar as augas caídas pola mesma, realizar un efecto de absorción e acumulación de auga e o constante salpicado provocado polo goteo en días de choiva.
Co fin de redactar unha proposta acorde aos criterios técnicos da dirección Xeral, realizáronse varias xuntanzas cos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tanto dos Servizos centrais en Santiago de Compostela, como da Delegación Territorial de Lugo.
Saliéntase así mesmo a información facilitada polos técnicos do concello de Guitiriz,tanto de carácter histórico e documental, coma de tipo urbanístico, xa que nestes PROPOSTA DE INTERVENCIÓN. TRATAMENTO CONTRA HUMIDADES E RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DA IGREXA DE SANTA
MARÍA DE LABRADA (GUITIRIZ‐LUGO). FASE 1. EVACUACIÓN DE PLUVIAIS E REXUNTADO DO MURO SUR
intre estase a ultimar aspectos do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X