Asina por unha Intermodal Digna para Ourense

El problema
Ourense é a terceira cidade de Galicia en poboación. Ademais da xente que vive na cidade a Estación Intermodal dará servizo a unha área na que viven máis de 300.000 persoas e será a porta de entrada da xente que nos visite.
Non temos porto nin aeroporto, polo que o camiño de ferro e a Intermodal son a principal infraestrutura de comunicación de Ourense.
Esta obra é a máis importante dos vindeiros 100 anos en materia de transporte e comunicación, e non podemos permitirnos unha mala planificación que a deixe insuficiente e obsoleta en poucos anos, como acontece coa actual estación de autobuses.
O proxecto inicial ubicaba as vías ao norte da actual estación, liberando espazo para a cidade e favorecendo a mobilidade e conexión entre os barrios.
Pero a actual mixtura de tres proxectos distintos presentado por ADIF e a Xunta, condena ao barrio a permanecer dividido, e vai provocar un caos circulatorio na contorna da estación. Está actuación propón grandes muros, escaleiras e circulación de autobuses ao redor dun centro de saúde.
Por isto solicitamos á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a ADIF, ao Ministerio de Transportes e ao Concello de Ourense que se rectifique o proxecto e se volte ao inicialmente previsto.
Porque Ourense merece unha Estación Intermodal Digna. Nin máis nin menos.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 15 de enero de 2020