Paremos o atentado arqueolóxico no Castro de Toiriz (Silleda)

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2.500!


Fai 10 anos, Silleda cumpría un soño: abríase ao público o Castro de Toiriz rehabilitado.

Despois de moito traballo e esforzo levado a cabo por veciños da vila, especialmente polo 'Colectivo pola Recuperación do Castro de Toiriz', o xacemento da Idade de Ferro lucía, aínda enterrado, limpo e digno. Unha xoia a escasos metros do casco urbán.

O Castro de Toiriz revalorizouse e converteuse nun lugar especial e querido por todos, silledenses e foráneos, amantes e defensores do Patrimonio e da Historia. Certo é que do ano 2010 en diante a conservación do acadado puido ser mellor, máis sabendo que cun simple mantemento de limpeza e renovación do escaso mobiliario de madeira sería suficiente, ademais de barato. Pero o que se está a facer nestes días é bastante peor que deixalo abandonado.

Da man do Ministerio de Fomento, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Silleda, estanse a levar a cabo unhas obras englobadas na iniciativa 'Trazas de Pontevedra' para "poñer en valor" xacementos arqueolóxicos coma o Castro de Toiriz empregando "unha serie de pezas realizadas en aceiro corten" que poidan ser usadas como bancos, creando así unha contorna "lúdica" para os visitantes.

Sabemos que para instalar estes materiais van excavar a unha profundidade de ata 60 cm e que co excavado ata agora, de bastante menos profundidade, xa se atoparon restos de materiais de cerámica, o que amosa a gravidade da situación.
Non son poucos os profesionais e expertos na materia que tildan esta obra de atentado contra os valores arqueolóxicos e patrimoniais do enclave. Mesmo falan de que o que se vai facer é "un parque urbán" que faría desaparecer o Castro.

Asina este manifesto e axuda a protexer esta xoia milenaria.

Graciñas.