UN MUSEO EN REBOREDA, UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA.

El problema

Estamos ante unha oportunidade única para Redondela e a súa bisbarra. O Pazo de Reboreda, casa natal de Xoán Manuel Pereira está en venda.

A súa historia, documentación (da familia e por suposto de Redondela), mobles, cadros e o ser un dos poucos pazos de Galicia que aínda mantén o seu fío coa igrexa parroquial mediante un pasadizo, fai desta edificación do século XVII un punto singular como hai ben poucos na nosa contorna.

Ademais de seren a casa matriz do ilustre republicano que inspirou a novela O señorito da Reboraina, de Otero Pedrayo, así como o personaxe don Juan Manuel de Montenegro, de Valle Inclán, trátase dunha edificación singular que habería que conservar, como mostra culta dun tempo pasado.

Sería unha mágoa que Redondela perdese por enésima vez a oportunidade de recuperar un dos seus referentes.

Se hai vontade popular suficiente, poderiamos conseguir que o concello, a Deputación, a Xunta ou o Goberno Central convertan a casa natal de Xoán Manuel Pereira nun museo que axude a dinamizar Redondela, que boa falta nos fai. De nós depende.

Esta petición ha conseguido 173 firmas

Los destinatarios de la petición

Concello de Redondela e demais administracións públicas.

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 21 de febrero de 2021