Recoñecemento Institucional do Concello de Ponteareas para Xosé Represas

El problema

A figura de Xosé Represas condensa unhas capacidades, unhas actitudes e unha vontade exemplar para todo aquel que pretenda servir publicamente, a súa dimensión aumenta nos tempos políticos que estamos a padecer: diálogo máis alá da ideoloxía, procura de acordos entre diferentes, defensa do interese xeral, democratización das decisións políticas, promoción e participación dos responsábeis públicos na actividade social e cultural, defensa dos intereses municipais ante calquera institución ou interese particular, resistencia ante as adversidades, perseverancia e convicción, sacrificio persoal cando compre, en prol da sociedade representada. Todas estas cuestións, chaves no proceso de modernización e rexurdimento da vila de Ponteareas, merecen un recoñecemento institucional. Para consolidar esa conduta, afianzar eses valores como guía para futuros responsábeis públicos, o Concello de Ponteareas debe asumir a tarefa de institucionalizar a figura de Xosé Represas, un veciño singular.

Esta iniciativa civil colectiva xurde para activar ese proceso de institucionalización, porén o obxetivo será que a corporación do Concello de Ponteareas incorpore nunha orde do dia das súas reunións plenarias un punto para o debate sobre a forma en que se debe producir ese recoñecemento público. Porlle o nome de Xosé Represas a unha rúa de importancia ou a unha praza, colocar un busto nalgún lugar significativo, unha placa conmemorativa, unha condecoración institucional tipo medalla ou distinción singular, esas son algunhas das opcións válidas.

Esta petición ha conseguido 407 firmas

Los destinatarios de la petición

Concello de Ponteareas
Concello de Ponteareas

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 26 de mayo de 2021