Petition Closed
Petitioning Ayuntamiento Concello de Cerdedo

Concello de Cerdedo: cese da tala indiscriminada de especies autóctonas.

A corta indiscriminada de especies autóctonas que se está a producir nestes meses no concello de Cerdedo, organismo máximo responsable desta situación, constitúe un ataque paisaxístico e medioambiental contra o noso patrimonio.

Desde hai meses veciños e colectivos veñen denunciando a mala e sesgada interpretación do Sr. Alcalde de Cerdedo da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, que pode desembocar na perda de varios centos de especies autóctonas que debemos protexer. Esta lei autonómica di expresamente que quedan fóra de actuación as especies autóctonas, se ben o concello de Cerdedo amenaza con sancións e multas aos veciños que se opoñan ás talas ordenadas. Estas talas inclúen carballos centenarios históricos do noso concello. Mentres tanto, as plantacións descontroladas de eucaliptos seguen a ocupar o 60% do concello, favorecendo unha situación selvática que facilmente pode desembocar nunha situación como a do 2006, cando os incendios forestais que prenderon en Cerdedo arrasaron media provincia.

Isto suma-se a outras inciativas "gloriosas" deste concello, como a máis recente que supuxo a contaminación de acuíferos naturais polo uso de productos químicos tóxicos para a limpeza de cunetas, en aras da "protección contra o lume".

Por isto, e por moito máis, pido-vos que asinedes esta petición para que o Concello de Cerdedo reconsidere a súa postura; dado que os organismos autonómicos -de cor política afín- óbvian as nosas denuncias e queixas.

This petition was delivered to:
  • Ayuntamiento
    Concello de Cerdedo


    Xandre Outeiro started this petition with a single signature, and now has 590 supporters. Start a petition today to change something you care about.




    Not sure you want to sign? Your signature matters!