Victoria

Para que o Concello da Coruña ceda Riazor para o partido Bergantiños FC vs Sevilla FC

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 2.246 firmas!


O 17 de novembro de 2019 celebrouse o sorteo da primeira rolda do novo formato do campionato da Copa do Estado español.

O sorteo deparou o confronto entre o Bergantiños FC e o Sevilla FC, mais o campo das Eiroas, en Carballo, despois dunha inspección da RFEF, non reúne as especifidades especulativas requiridas para a mercantilizacion televisiva do evento.

Malia esta discriminación para a poboación de Carballo e Bergantiños, o club buscou unha alternativa solicitando ao R.C. Deportivo o uso de Riazor, negando está posibilidade o club coruñés o 30 de novembro. 

Como socio núm. 3124 do R.C. Deportivo esta denegación paréceme inxustificada. Mais como coruñés é galego, e sendo Riazor un campo municipal, propiedade do Concello da Coruña, quero que esa eliminatoria se dispute no campo da nosa cidade, no noso campo, no campo, tamén, de todas as carballesas e todos os carballeses.

O fútbol moderno prégase a intereses especulativos. E un club como o Bergantiños, ante a posibilidade de poder recadar un par de euros ante unha eliminatoria coma esta, merece a oportunidade de disputar en Riazor, no noso templo, no seu templo, este grande partido do torneo do K.O.

 

Forza Dépor!

Forza Bergan!



Hoy: Manuel Francisco cuenta con tu ayuda

Manuel Francisco Méndez López necesita tu ayuda con esta petición «Concello da Coruña: Para que o Concello da Coruña ceda Riazor para o partido Bergantiños FC vs Sevilla FC». Únete a Manuel Francisco y 2.245 personas que ya han firmado.