Unha rúa para Antonia Ferrín (Astrónoma galega)

245

¡Alcancemos 500 firmas!
¡Las peticiones con más de 1000 firmas tienen 5 veces más posibilidades de ganar!
Firmantes recientes
RAQUEL y 9 personas más han firmado la petición recientemente.

El problema

Pido ao Concello da Coruña inclusión no rueiro municipal dun espazo (avenida, rúa, praza) co nome Antonia Ferrín Moreiras.

Antonia Ferrín Moreiras defendeu en 1963 a primeira tese de astronomía que se leu na Facultade de Matemáticas da USC, pero ademais era a primeira tese que trataba de astronomía defendida por unha muller en España.

Sen ningunha dúbida Antonia foi unha muller extraordinariamente notable. Estudou, ensinou, investigou e traballou incansablemente nunha sociedade e nunha época onde as mulleres tiñan difícil realizar actividades fóra da casa.

Un municipio comprometido cunha gobernanza para todas e todos en igualdade, debe incorporar unha perspectiva de xénero que, entroutras políticas, estratexias e instrumentos, proporcione máis visibilidade a figuras e referentes femininos.

O nome das rúas forma parte da cultura popular, rememoran ou homenaxean a figura de personaxes públicos, case sempre masculinos pola diferenza dos roles tradicionalmente asignados a homes e mulleres, polo que a inclusión de personaxes femininos é un acto de xustiza e reparación.

As mulleres están pouco presentes no nomenclátor do termo municipal coruñés, unha desigualdade e agravio histórico que, se ben é certo que non é exclusivo da Coruña, debemos contribuír a paliar (datos de 2018 ubicaban en menos do 5% o número de rúas coruñesas con nome de muller).

avatar of the starter
Agrupación astronómica coruñesa ÍoCreador de la petición

Los destinatarios de la petición

Concello da Coruña: Comisión de Honras e Distincións
Concello da Coruña: Comisión de Honras e Distincións

Actualizaciones de la petición