Canchas de baloncesto na Praza do Rei
El problema
Os/as veciños/as que asinamos este escrito queremos solicitar do Concello a instalación, na explanada da Praza do Rei, de canchas de baloncesto.
No centro de Vigo non existe espazo municipal ningún para instalacións deportivas. A mocidade que vive no centro ten que desprazarse, no mellor dos casos, á zona de Hispanidade para poder xogar ao baloncesto e ao seren as únicas canchas da zona están sempre cheas. Porén, eses/as mesmos/as nenos/as ven todos os días como o espazo da Praza do Rei está infrautilizado e degradándose cada vez máis.
Sabemos do plan da inmediata remodelación da Praza do Rei e parécenos o momento axeitado para solicitarlle ao Concello que aproveite a ocasión para pór ao dispor da xente nova de Vigo un espazo estratéxico, tantos anos abandonado, para facer deporte. Unha cancha de baloncesto mide 28m x 15m (420m2) e as canchas de tres por tres 15m x 11m (165m2). Na Praza do Rei hai dispoñibles polo menos uns 1665m2.
O custo da instalación destas canchas non é nada comparable co beneficio que o deporte terá na saúde física e psíquica dos/as rapaces/as de Vigo.

Petición cerrada

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 17 de mayo de 2023