Basta de abusos ! Queremos unha AP9 NOSA e DE BALDE

El problema
As cidadás e os cidadáns de Galicia, dicimos Basta!! A autoestrada AP9, arteria principal que vertebra o noso territorio, converteuse nunha barreira económica insoportable e nun símbolo de discriminación territorial.
Mentres noutros puntos do país, levántanse as barreiras e rescátanse concesións, en Galicia seguimos encadeados a unha das autoestradas máis caras do Estado.
Non podemos aceptar:
- Que as peaxes suban por riba do custe da vida: A AP-9 bateu todos os récords de tráfico con 2.130 millóns de quilómetros percorridos nun ano, sendo a vía máis usada e rendible de toda España. É inaceptable que, sendo un negocio tan masivo, as peaxes sufrisen unha suba acumulada de máis do 25% desde 2022, asfixiando os salarios dos cidadáns e a competitividade das nosas empresas.
- Un contrato baixo sospeita: A Comisión Europea cuestiona no seu ditame de xullo de 2025 que a prórroga, que nos condena a pagar peaxes ata o ano 2048, respecte a legalidade comunitaria. Non queremos seguir sendo reféns dun contrato baixo sospeita.
- Ser cidadáns de segunda: Esiximos o mesmo trato que outras comunidades. Se houbo vontade política para rescatar autoestradas noutros lugares, por que non en Galicia?
Por iso, co noso apoio ESIXIMOS ao Goberno de España
- TRASPASO INMEDIATO: Reclamamos que a titularidade da autoestrada pase a ser galega dunha vez por todas. Non podemos permitir que malia a unanimidade do Parlamento de Galicia, o Congreso dos Deputados siga adiando o debate para o traspaso da competencia.
- O RESCATE DA CONCESIÓN: Esiximos o rescate para poñer fin a un negocio que os galegos e galegas xa pagamos con creces. Os informes técnicos confirman que rescatar a autoestrada resulta máis rendible que seguir destinando millóns de euros a axudas e bonificacións ata 2048. Rescatar a AP-9 non é un gasto, é o mellor investimento para o futuro de Galicia.
- ANULACIÓN DAS SUBAS ABUSIVAS e un horizonte real de gratuidade para unha infraestrutura que é de todos e para todos.
Por unha autoestrada galega e libre de peaxes: AP9 NOSA E DE BALDE!

1716

Opiniones de firmantes
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 4 de marzo de 2026