Ampliar apertura das piscinas municipais de Castroverde

Victoria

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 83 firmas!
Firmantes recientes
Manuela iglesiasgarciamanuela@gmail​.​com y 19 personas más han firmado la petición recientemente.

El problema

Os veciños e veciñas de Castroverde envíannos esta petición ao Concello de Castroverde solicitando que as piscinas municipais permanezan abertas do 15 de xuño ao 15 de setembro, cubrindo así toda a tempada de verán. Esta é unha demanda que consideramos fundamental polo benestar e disfrute de todos os cidadáns do noso concello.

1. Calor e calendario escolar:** Aínda que o verán oficialmente non comeza ata finais de xuño, as temperaturas comezan a subir considerablemente dende antes e prolonganse ata ben entrado setembro. Os nenos e nenas de Castroverde rematan as clases a finais de xuño e retornan en setembro. Este período é cando máis se precisan as piscinas, tanto para refrescarse do calor como para disfrutar do tempo libre nun ambiente social e saudable.

2.- Ampliar a tempada de apertura das nosas piscinas non só beneficiará ás familias, senón a toda a comunidade, mellorando a calidade de vida e fomentando a cohesión social entre os veciños. Este é un chamado ao Concello de Castroverde, pedimos que escoiten a voz dos seus cidadáns e tomen acción para abrir as piscinas xa que agora parece que non e viable, polo menos ata o15 de setembro.

3-  Entendemos que a decisión non foi tomada a lixeira, abrir unhas piscinas municipais gratuitas que non exclúen a naide , contratar un socorrista mais, as imaxinamos que haberá razóns de peso, pero que pechen o rematar agosto .... Pedimoslle o Alcalde nos tome en consideración , e faga un esforzo para que se poidan disfrutar, alomenos unhs dias mais¡¡¡

Por favor, asinade esta petición para que todos poidamos disfrutar dun verán completo e refrescante nas piscinas municipais de Castroverde. Moitas grazas polo voso apoio!

Actualizaciones de la petición