Queremos un rural rico, produtivo e con futuro. NON Á MINA DE TOURO-O PINO

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2.500!


Xa houbo en Touro unha explotación mineira, activa entre os anos 1973 e 1986. Agora, 31 anos despois, hai un proxecto de reapertura, que non prevé a restauración do espazo antes afectado. En realidade é un novo proxecto, porque o 70% da explotación farase fóra dos terreos da anterior mina. Unha multinacional ocuparase da nova explotación –até o ano 2068- que abranguerá de entrada 700 hectáreas, ampliábeis.

As explotacións mineiras causan impactos sobre o medio. Dos seus efectos fican probas evidentes: entulleira, augas contaminadas, diminución do salmón no Ulla, impacto sobre os bancos marisqueiros da ría da Arousa, etc.

Da nova explotación, polas súas dimensións e as súas características, cabe esperar un impacto brutal: prevense 2.000 voaduras ao ano e mover cada día 56.000 toneladas de materiais, nun traballo a desenvolver 24 horas ao día todos os días do ano.

A peor parte levarana os concellos onde se localiza a mina (Touro, O Pino): ocupación de terras agrícolas e forestais, ruído, po, trasfega de camións, cambios na paisaxe, afeccións ao patrimonio, desaparición de mananciais, contaminación de auga e do solo, risco de rotura das balsas...

Mais non quedarán libres de risco os concellos limítrofes e, nomeadamente, os da conca do río Ulla. Por exemplo, está prevista unha liña de alta tensión desde o encoro de Portodemouros. Quizais o máis importante sexa a afección sobre a auga, necesaria en grandes cantidades para a actividade da mina. Contaminada con substancias acidificantes, con metais pesados e con outras substancias utilizadas no proceso, moitas delas altamente tóxicas, acabará dando coas augas do Ulla, das que se aproveita, directa ou indirectamente, unha ampla poboación, aínda maior se se considera a que consume produtos da ría.

E todos estes riscos a cambio de que? O cobre, a riqueza, levarana para fóra e aquí quedará a creación de algúns postos de traballo temporais –a empresa non garante cantos, nin se sabe cantos destruirá- a diminución da calidade de vida e unha herdanza persistente de contaminación.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes declaran a súa total oposición á reapertura da mina de cobre nos concellos de Touro e O Pino, promovida pola Sociedade Cobre San Rafael SL mediante a Actualización do Proxecto de Explotación, Plan de Restauración e Estudo de Impacto Ambiental da concesión de explotación “San Rafael”, número 2946.

"Estamos fartas e fartos de ser unha colonia". Castelao.

PD.: Todas estas sinaturas incorporaranse ás recopiladas pola Plataforma Veciñal MINA TOURO-O PINO NON.



Hoy: BNG - Bloque Nacionalista Galego cuenta con tu ayuda

BNG - Bloque Nacionalista Galego necesita tu ayuda con esta petición «Alberto Núñez Feijoó: Queremos un rural rico, produtivo e con futuro. NON Á MINA TOURO-O PINO». Únete a BNG - Bloque Nacionalista Galego y 2.262 personas que ya han firmado.