A Ribeira Sacra non é un escaparate: queremos decidir o noso futuro

El problema
A Ribeira Sacra é moito máis ca un nome bonito. É a nosa casa. Aquí medramos, traballamos, levamos os fillos á escola, coidamos da xente maior e mantemos viva unha cultura e un patrimonio que vén de séculos.
Agora queren que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade. A primeira vista soa ben: sona a prestixio, a promoción, a turistas. Pero ninguén nos preguntou que pensamos nin como pode afectar ao noso día a día.
Ser Patrimonio tamén ten cara B… e ninguén nola explica. Non somos un escaparate ou bonecos aos que "exhibir", como xa se leva denunciando a través de artigos como o da revista PH Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico n.º 107 octubre 2022, onde se analiza que o Patrimonio Mundial non debe estar ao único servizo do turismo, todo iso ten que cambiar, senón é un factor de deterioro e alteración integral
❌ O que xa pasa hoxe
📌 Os hospitais están ao límite, con urxencias ateigadas e listas de agarda cada vez máis longas.
📌 Non hai traídas de auga nin sumideiros nas aldeas e parroquias.
📌 Faltan servizos para dependentes e atención a maiores e para conciliar.
📌 Non hai vivenda dispoñíbel, mais inzan as de uso turístico sen control e mesmo en chan rústico.
📌 A recollida de lixo non é selectiva e moi deficiente, mais cada ano é máis cara.
📌 Non existe transporte público nin conexión entre as diferentes vilas e parroquias da Ribeira Sacra, nin para servizos básicos como o transporte escolar, que cada vez conta con menos paradas obrigando ós pais a realizar traslados para que os seus fillos poidan acudir a escola
📌 O sector primario leva déxadas abandonado e a viticultura está ao límite. O autoconsumo e a agricultura familiar penalízanse con normas absurdas.
📌 As estradas e as infraestruturas son moi deficientes e non soportan fluxos crecentes de vehículos privados. O río esta tamén afectado por tantas embarcaciós con motor e pantalás.
📌 O comercio de toda a vida vai desaparecendo mentres medran negocios pensados só para o visitante.
📌 Ausencia de faixas secundarias de protección fronte ao lume e plan de erradicación de especies invasoras (troita americana, cangrexo americano, mimosas...). A maior parte das parroquias ribeirás, polo abandono institucional e o intenso devalo demográfico, son un polvorín cuxo desenlace pode non distar do que recentemente aconteceu nas Medulas do Bierzo.
⚠ Se agora, sen turismo masivo, os servizos xa son caros e limitados, imaxinemos o que pode supor dimensionar a sanidade, a auga ou a limpeza para milleiros de visitantes máis. Noutros lugares costeiros xa se ven cortes de auga no verán pola masificación.
⚠ Chegan grandes proxectos turísticos promovidos por empresas de fóra e fondos especulativos que recadan eiquí, mais non deixan nada nos concellos: nin emprego estábel e de calidade, nin mellora de servizos, nin beneficio real para a veciñanza das parroquias.
⚠ Fronte un modelo de turismo de calidade, aséntase o modelo de visitas expess e low cost, en buses que nin sequera poden percorrer o territorio.
Se isto xa é así agora… que pasará cando veñan milleiros de visitantes máis?
🌍 Xa pasou noutros lugares Patrimonio da Humanidade. Non é unha sospeita, é un feito.
👉🏽 Os centros históricos baléiranse de viciñanza e convértense en decorados e parques temáricos perdendo toda vida comunitaria e personalidade.
👉🏽 En Toledo, moitos veciños tiveron que marchar polo prezo inasumíbel da vivenda.
👉🏽 En Dubrovnik, o casco histórico baleirouse de vida real e quedou como un decorado turístico.
👉🏽 As Médulas arderon porque ninguén se preocupou de rozar o monte e facelo funcional apoiando o sector primario e o pastoreo.
👉🏽 plans serios de turismo sostible
⚠ Non queremos que a Ribeira Sacra siga ese camiño❗
📣 O que pedimos
Non estamos en contra do patrimonio, mais si de que nos convetan nunha marca territorial cando os servizos públicos xa están ao límite e sen calquera plano previo se mellora xeral con investimentos no territorio.
Por iso exiximos:
1️⃣ Consulta veciñal antes de aprobar a candidatura: un referendo para decidir entre todos.
2️⃣ Información accesíbel e transparente, con datos claros e co proxecto concreto de cada concello e da Xunta de Galicia para explicar como pensan asumir os cambios que traerá o selo de Patrimonio da Humanidade.
3️⃣ Un plan real, con medidas verifiábeis para garantir, entre outros:
👉🏽 unha sanidade pública con recursos dabondo e listas de agarda asumíbeis, contando tamén coa poboación turística,
👉🏽 acceso a vivenda digna para quen vivimos aquí todo o ano,
👉🏽 protección efectiva do medio ambiente e da paisaxe,
👉🏽 infraestruturas e servizos básicos ben dimensionados e próximos para a poboación real e a turística.
👉🏽 Asentamento de poboación nas aldeas con apoio ao sector primario e, nomeadamente, á agricultura familiar.
💬 Mensaxe final
A Ribeira Sacra é un fogar, non un escaparate.
Queremos vivir aquí con dignidade, non ser expulsados polo abandono crónico das administraciós públicos.
Non somos figurantes nun decorado: somos viciños e temos direito a decidir o noso futuro.
📌 Asina e comparte para que se escoite a voz da xente que realmente vive aquí. Porque a Ribeira Sacra non se entende sen os seus viciños e as súas viciñas.

1135

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 10 de septiembre de 2025