Petition update🏛️ Clásicas en Pé: Salvemos o latín e o grego 🏛️

1ª demanda: clases presenciais

Ars ErinyosVigo, Spain
Oct 21, 2026

📚Demandamos clases presenciais 

📖Unha das principais demandas que facemos desde "Clásicas en Pé" é a restitución das clases presenciais.

💻Nunha era que a todas luces favorece e dota de recursos ao ensino en liña, máis que nunca parece aportar calidade e calidez o ensino presencial.

👩‍🏫Lembremos que unha maestra non é só unha sorte de Golem animado pola palabra: é quen favorece todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe, quen detecta as inquedanzas antes de que xurdan, quen resolve as dúbidas dun xeito absolutamente personalizado.

🙋‍♀️Ningún ensino non presencial poderá ter o poder computacional do cerebro dun docente. A intelixencia artificial non sabe axudar ao estudantado que sofre nin sabe ler entre liñas.

🎓A vantaxe: xa dispoñemos deses docentes. Están en activo, en interinidades e listas de substitucións, desexando transmitirlle aos vosos fillos cultura, valores e linguas fermosas.

⚠️O impedimento: a deriva do trato do goberno autonómico e, moi especialmente, a CECUFP.

🪧Grazas polas vosas firmas e apoios. Vós sodes parte do cambio.

🏛️ Clásicas en Pé 🏛️

467 people signed this week
Sign this petition
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X