Facemos ruído! Levamos a nosa loita ao Parlamento e á prensa con datos irrefutables


Ola a todos e todas,
✊ Grazas á forza do voso apoio, demos un paso histórico. Desde o colectivo "Clásicas en pé" , co respaldo da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC), elaboramos un expediente de denuncia que imos rexistrar oficialmente ante a Consellería de Educación e o Parlamento de Galicia.
📊 Auditamos a situación de 106 institutos públicos (máis do 30% de Galicia) e os datos que imos poñer sobre a mesa do Goberno Autonómico son demoledores:
- O 64% dos centros auditados sofren recortes, supresión ou bloqueos en Latín, Grego ou Cultura Clásica.
- O escándalo do "Custo Cero": En 52 institutos, a Xunta obriga ao alumnado para estudar a distancia a pesar de que xa contan cun profesor especialista no centro. Négaselles a presencialidade sen aforrar un só euro público. Unha ineficiencia absoluta!
- 23 institutos sofren o desmantelamento directo dos seus departamentos pola perda estrutural e amortización de prazas docentes.
📰 E a prensa xa nos está escoitando!
Nota de prensa de "GaliciaÉ"
Nota de prensa de "Nós Diario"
Nota de prensa de "La Voz de Galicia"
Nota de prensa do "Faro de Vigo"
Diferentes medios de comunicación están a facerse eco das nosas denuncias. Estamos a facer moito ruído e a presión mediática está do noso lado. Agora é o momento de empuxar con máis forza para lograr as nosas esixencias:
- Restitución inmediata do ensino presencial.
- Protección urxente para a escola rural.
- Freo á destrución de prazas.
- Que a CIUG eleve a ponderación do Latín e o Grego (0,2) na selectividade.
🤝 Necesitámosvos máis que nunca.
Este expediente oficial leva adxunta a forza de todas as vosas firmas (máis de 2100!). Demostramos que non estamos soas. Por favor, seguide compartindo esta petición por WhatsApp e redes sociais. Cantos máis sexamos agora que estamos no foco, máis presión sentirá a Administración para solucionar este atropelo.
🏛️ Seguimos en pé! Clásicas en pé. 🏛️