Petition update🏛️ Clásicas en Pé: Salvemos o latín e o grego 🏛️

Hoxe é o gran día! Asemblea Autonómica en Santiago

Ars ErinyosVigo, Spain
Oct 16, 2026

Asemblea Autonómica en Santiago e último impulso de sinaturas

Estimados asinantes:


✊​ Grazas ao apoio incondicional de máis de 1800 persoas que xa asinastes esta petición, hoxe damos un paso decisivo na defensa do ensino presencial e da igualdade de oportunidades en Galicia.


🏛️ Queremos convidarvos a todos a participar na Asemblea Autonómica de Clásicas, onde faremos o reconto e presentación do expediente provisional de sinaturas que se levará ante a Consellería de Educación, a CIUG e o Parlamento de Galicia.


✒️​Ademais, debido á enorme vaga de adherencias recibidas nos últimos días desde institutos de toda Galicia, anunciaremos a prórroga da recollida de sinaturas durante uns días máis para incorporar os últimos pregos pre-rexistrados antes do seu envío oficial definitivo.


📍 DATOS E LUGAR EXACTO DA CONVOCATORIA:
📅 Data: Hoxe, venres 16 de outubro
🕒 Hora: 17:30 h
🏛️ Lugar exacto: Sala C01 da Facultade de Filoloxía da USC


🔥 POR QUE NOS REUNIMOS HOXE E QUE ESIXIMOS?

  • Restitución inmediata das aulas presenciais a «Custo Cero»:
    A nosa investigación proba que hai 63 centros afectados (67% de fenda estrutural) e máis de 200 alumnos derivados a pantallas (CADD) en 47 institutos onde o profesorado especialista está contratado no propio centro facendo gardas.
  • Igualdade na PAU/ABAU (0,2 xa):
    Queremos acabar coa discriminación do alumnado galego, que compite no distrito único universitario con ata 1 punto menos porque Galicia pondera Latín II e Grego II nun 0,1 fronte ao 0,2 de comunidades como Madrid, Murcia ou Andalucía.
  • Garantía da oferta presencial e transparencia fronte ao recorte sistemático de prazas e xubilacións amortizadas.


Se non podes acudir presencialmente a Santiago, axúdanos a facer o último impulso compartindo a petición nas túas redes sociais e grupos de WhatsApp.


🔱A presencialidade non se negocia, deféndese! Ensínalle esta convocatoria aos teus contactos e vémonos hoxe na Facultade de Filoloxía da USC.


Moitísimas grazas polo teu apoio.
— Clásicas en Pé,  Plataforma pola Defensa do Latín e o Grego.

467 people signed this week
Sign this petition
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X