AS PROMESAS QUE LEVA O VENTO... EÓLICOS SI, PERO NON ASÍ!

Esta petición ha conseguido 768 firmas

El problema

NON AOS PARQUES EÓLICOS NA SERRA DA GROBA!

https://iem.gal/2018-novas/ecoloxia/manifesto-de-oposicion-aos-parques-eolicos-das-serras-da-groba-e-do-galineiro/

- Porque as obras de instalación (pistas, movementos de terra, escavacións, explanacións... ) destrozarán para sempre a paisaxe natural da nosa serra.

- Porque atentan directamente contra a biodiversidade (fauna, flora) e os cursos de auga da Serra da Groba.

- Porque desprezan o noso patrimonio natural, cultural, histórico, arqueolóxico e etnográfico.

- Porque non son alternativa enerxética. Non nos liberarán do consumo de petróleo ou gas.

- Porque forman parte dun Plan Eólico claramente deseñado para  favorecer ás grandes empresas a costa da  cidadanía e amparado pola Xunta de Galicia coa súa  "Lei de Depredación" (Lei  5/2017, de 19/10)

- Porque non é certo que xeren riqueza nas parroquias, nos concellos ou nas comarcas afectadas.

- Porque non é certo que xeren postos de traballo estables nin que axuden a fixar poboación no rural.

- Porque hai alternativas,  outras fontes de enerxía e outros modelos enerxéticos, económicos e sociais!

MANIFESTAMOS a nosa absoluta OPOSICIÓN á inxustificable INDUSTRIALIZACIÓN da SERRA DA GROBA mediante a instalación de 44 AEROXERADORES fraudulentamente repartidos en 6 PARQUES EÓLICOS,  

DENUNCIAMOS a OPACIDADE do modelo seguido na adxudicación e tramitación dos expedientes así como o APROVEITAMENTO da COVID19 para DIFICULTAR a PARTICIPACIÓN CIDADÁ, e

SOLICITAMOS da XUNTA DE GALICIA a inmediata PARALIZACIÓN dos EXPEDIENTES e a DERROGACIÓN da NORMATIVA que os regula.

 

Los destinatarios de la petición

Ángeles Vázquez Mejuto. Conselleira de MATV. Xunta Galicia
Ángeles Vázquez Mejuto. Conselleira de MATV. Xunta Galicia
María Sagrario Pérez Castellanos, D. X. Calidade Ambiental
María Sagrario Pérez Castellanos, D. X. Calidade Ambiental
Belén María do Campo Piñeiro, D.X. Patrimonio Natural
Belén María do Campo Piñeiro, D.X. Patrimonio Natural

Actualizaciones de la petición