Goberno Ruso, Goberno Español, Consello Europeo e ONU: Tod@s somos Snowden / O Pobo Galego con Snowden

El problema

Edward Snowden converteuse en apátrida e está perseguido por expresarse contra sistemas de vixilancia masiva e omnipresente empregados polos USA, que violan a Declaración Universal de Dereitos Humanos, numerosas leis e tratados internacionais, e representan a posibilidade de cometer impunemente crimes contra a paz e a Humanidade.

Precisamente o Goberno e os servizos de intelixencia dos USA, desde que Snowden puxo ao descuberto, con coñecemento de causa e probas irrefutábeis, os seus métodos de control e a inxustiza e perversidade ás que serven, están empeñados na súa persecución, caza e captura, como escarmento perante o mundo. Co recurso á inversión da realidade, os que serven á inxustiza e ao crime, queren converter en criminal, merecente de persecución e castigo, a quen tivo a valentía moral, pondo en perigo a súa propia vida, de informar ao mundo duns métodos de espionaxe que nos atinxen a todos os pobos do mundo e a todas as persoas, ao servizo dun deseño de dominio e extorsión secretos.

Deste xeito, o goberno dos USA ten prohibido que Snowden poda voar; ameaza con sancións e intimida coa súa forza aos países que se dispoñen a defender os dereitos de Snowden e a aplicar o sistema de asilo da ONU; ordenou aos seus aliados militares –Francia, Italia, España e Portugal- que retivesen o avión do Presidente de Bolivia para detelo, caso de o acompañar como refuxiado político desde Moscú. Está, pois, disposto a todo, para Snowden non verse libre da súa persecución e impedir que se poida asilar mesmo nos países que lle ofreceron apoio e asilo, en principio, Rusia, Venezuela, Bolivia, Nicaragua e Ecuador, malia as intimidacións e ameazas dos USA.

Non podemos tolerar que os Gobernos da UE, e en particular o do Estado español, con claro servilismo aos USA, actúen fóra da lei e contribúan indignamente a impedir que Edward Snowden poda viaxar a América Latina ou calquera outra parte do mundo para vivir libre de persecucións e obter asilo político. Debemos colaborar activamente a que non trunfe unha violación tan descarnada do dereito internacional e dos dereitos humanos, pois persegue provocar un escarmento que convenza do poder omnímodo dos USA.

Tod@s somos Snowden. Vainos a vida en que a extorsión, a chantaxe e a intimidación dos USA fracase, polo noso ben, como persoas, polo dereito de todos os pobos do mundo a seren libres, sen teren que padecer dominios imperiais.

Por todo o devandito, solicitamos:

1.- Do Goberno de Rusia que conceda o asilo político solicitado por Edward Snowden, para permanecer nese país libremente, ou poder viaxar, se así o desexar, aos países de América Latina, que llelo ofreceron.

2.- Do Goberno do Estado español que conceda salvoconduto, e realice xestións cos outros gobernos da UE no mesmo sentido, para facilitar que Snowden poida viaxar a América Latina, desde Rusia.

3.- Da ONU unha declaración sobre a consideración de Snowden como refuxiado político, instando aos Estados membros a respectar o sistema de asilo, conforma á Declaración Universal dos Dereitos Humanos e aos principios e deberes da legalidade internacional.

avatar of the starter
BNG - Bloque Nacionalista GalegoCreador de la petición
Esta petición ha conseguido 455 firmas

Los destinatarios de la petición

Goberno Ruso
Goberno Ruso
Presidente da federación Rusa
Goberno Español
Goberno Español
Presidente do Goberno do Estado Español
Consello da UE
Consello da UE
Presidente do Conselledo da UE
ONU
ONU
Secretario Xeral da ONU

Actualizaciones de la petición