BEN DE INTERESE CULTURAL (BIC) PARA O CONVENTO DE HERBÓN

Petición cerrada

Esta petición ha conseguido 232 firmas

El problema

Solicitude para que o Convento de Herbón sexa declarado BEN DE INTERESE CULTURAL (BIC) pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia

Desde hai aproximadamente un ano diversas entidades como o Seminario Galego de Educación para a Paz, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, a Sociedade Cooperativa Viravolta e o propio Convento de Herbón solicitaron a declaración de BIC para o monumento e o espazo amurallado (48.000 metros cadrados) e a carballeira anexa, un conxunto arquitectónico, histórico e cultural, nas ribeiras do Río Ulla, que se remonta ó s.XIV.

A solicitude estaba abalada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela.

O deseño da rehabilitación e o proxecto de execución de obra foi realizada polo prestixioso arquitecto galego Pedro de Llano.

A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, durante todo este tempo, apoiou a iniciativa e mesmo publicou no DOG o inicio da incoacción do expedente de declaración BIC (31 de Outubro, 2011)

Hoxe, a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia parece desdicirse e pretende paralizar a declaración de BIC para Herbón polas presións duns veciños con intereses económicos nos arredores do convento e polo Alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, que lonxe de defender o interese xeral e o ben común, apoia os intereses particulares mesmo poñendo en perigo a declaración de Ben de Interese Cultural para o convento de Santo Antonio de Herbón.

Por todo isto, quero solicitar que a Dirección Xeral de Patrimonio declare BIC o Convento de Herbón

avatar of the starter
Xose Manoel Santos DiazCreador de la peticiónO Seminario Galego de Educación para a Paz naceu en 1985 como un Seminario Permanente promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino (desde a educación infantil ata a universidade) sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a Educación para a Paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos, a interculturalidade ou a Cultura de Paz.

Los destinatarios de la petición

Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia

Actualizaciones de la petición