Que se abra unha oficina en Santiago de atención ás víctimas do Alvia

El problema

RENFE ven de anunciar o pasado 1 de agosto a apertura en Madrid dunha oficina de atención ás persoas afectadas polo accidente do tren Alvia do día 24 de xullo de 2013.

Nós, cremos que iso é un problema, xa que a maioría das persoas falecidas e as vítimas do accidente son galegas.

Ademáis, aínda hai persoas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Sendo o obxectivo da apertura desta oficina dar de forma integral tanto información como atención para facilitar a realización dos distintos trámites, así como calquera dúbida ou consulta que poda ser necesaria, como información para desprazamentos, cobertura do seguro, etc., o feito de que moitos dos afectados estean en Galicia, fai patente a necesidade de que se lles preste unha atención moito máis cerca.

Ao efecto de iniciar os trámites derivados da cobertura do Seguro Obrigatorio de Viaxeiros, a propia RENFE-Operadora indica que o ten contratado coa aseguradora Allianz, e que as persoas afectadas poden dirixirse á Oficina Provisioria de Allianz na estación de Santiago de Compostela. De verdade van ter que viaxar as víctimas entre Madrid e Santiago, para completar un trámite xa de por si doloroso, pola situación?

A recollida de equipaxes e de pertenzas persoais das persoas afectadas no devandito accidente debe facerse na Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela.

avatar of the starter
Compromiso por GaliciaCreador de la petición
Esta petición ha conseguido 1057 firmas

Los destinatarios de la petición

D. Samuel Jesús Juárez Casado
D. Samuel Jesús Juárez Casado
Delegado do goberno de España en Galicia

Actualizaciones de la petición