#AcusaciónPopularXA no #CasoCarioca a maior trama proxeneta destapada no Estado

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.000!


Perante un traballo da Fiscalía de Lugo que semella máis de defensa das autoridades imputadas que de defensa das vítimas, a Plataforma Cidadá contra a Impunidade do Caso Carioca, a maior trama de trata de mulleres con fins de explotación sexual destapada en todo o Estado español, inicia unha recollida de sinaturas e lanza os hashtags #AcusaciónPopularXA e #OPoboAcusaáCarioca, para esixir á Xunta de Galicia e ao Concello de Lugo que se persoen como acusación popular, dereito constitucional en caso de extrema violencia como o que supón a Carioca, neste caso contra decenas de mulleres en situación de extrema vulnerabilidade que denunciaron explotación e violencia sexual. Fronte ao evidente risco de que a operación se salde con impunidade, e co obxectivo de garantir o dereito das vítimas á reparación do dano sufrido, consolidouse esta Plataforma cidadá e se abre esta campaña.

A Fiscalía, que vén de deixar sen castigo a prostitución de dúas menores no club Liverpool, ten a intención agora de acusar só a unha pequena parte dos investigados nunha peza clave da operación onde están involucrados policías locais e nacionais. Deste xeito a maior operación contra a trata de todo o estado podería chegar a xuízo reducida á mínima expresión e sen a presenza da maioría dos axentes dos corpos de seguridade implicados. "No se puede negar que tomaba copas y hacía uso de los servicios sexuales", recoñecen as fiscais, pero "lo hacía como particular", defenden a continuación.

As exculpacións que está a empregar a Fiscalía de Lugo, recoñecendo os graves feitos que tiveron lugar nos clubes implicados na Carioca, están a resoar na prensa estatal e na cidade de Lugo, mais polo momento moitos dos presuntos delitos que se investigaron poden quedar impunes: abusos sexuais, prostitución coactiva e lucrativa, inducción á prostitución de menores de idade, tráfico de influencias, trata de seres humáns con fins de explotación sexual e con débeda, revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos, concertación de matrimonios de conveniencia, malversación de caudais públicos, falsedade documental, detención ilegal ou delitos contra a Seguridade Social. Se a Fiscalía non fai nada, temos que facelo nós. #AcusaciónPopularXA #OPoboAcusaáCarioca



Hoy: Plataforma Contra a Impunidade do Caso Carioca cuenta con tu ayuda

Plataforma Contra a Impunidade do Caso Carioca @carioca_lugo necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: #AcusaciónPopularXA no #CasoCarioca a maior trama proxeneta destapada no Estado». Únete a Plataforma Contra a Impunidade do Caso Carioca y 657 personas que ya han firmado.