

Esta semana, outra avaría máis: desta volta foi o tren turístico de luxo o que quedou tirado entre O Barqueiro e Loiba.
🔧 Un episodio que se suma aos fallos no transporte por estrada, que afectan cada día á veciñanza da comarca:
❌ Material ferroviario obsoleto
❌ Trens suprimidos ou con atrasos crónicos
❌ Autobuses cheos e sen horarios fiables
❌ Falta de accesibilidade (cadeiras de rodas, carriños…)
❌ Paradas sen marquesiña nin información
❌ Servizos insuficientes para estudantes, traballadores e maiores
❌ Ausencia total de persoal ou atención nas estacións
📣 O BNG reclama un Plan Urxente de Modernización da liña de ancho métrico e melloras reais no transporte público en toda a comarca.
📍O Ortegal tamén existe. Tamén merece un transporte seguro, frecuente e accesible.