Mise à jour sur la pétitionSúmate en defensa do patrimonio verde de VigoAsemblea Xeral Amigas das Árbores 23 Oct. 19.30h A Nubeira
Amigas das Árbores VigoVigo, Espagne
2 oct. 2025

Prezadas Amigas das Árbores:

Escribímosvos este mail para adiantarvos que estamos a organizar a 1° asemblea de socixs para o vindeiro 23 de outubro. Será aberta ao público xeral, pero se aínda non és socix este é o sinal que estabas a agardar! É totalmente gratis e recibirás os emails xustos para informarche das vindeiras actividades: Só tes que rexistrarte aquí.  

A asemblea será no C.S. A Nubeira (rúa Pizarro, 6) ás 19:30 h e haberá sarao e sorpresas :)  

Os detalles aínda están por pechar, e agardamos a vosa presenza, as vosas ideas e propostas para ese día! 

GRAZAS de corazón por formar parte deste camiño!

A asemblea será unha ocasión para xuntarnos e facer balance das accións realizadas ata o de agora, pero sobre todo para mirar cara ao futuro e abrir novos grupos de traballo que leven a Amigas das Árbores a un lugar máis plural, máis aberto, máis activo e con máis presenza na rúa!

Non perdemos de vista os obxectivos fundacionais, queremos ver un cambio nas políticas sobre o noso patrimonio verde e crear unha rede activa de protección do mesmo.

Estivemos caladiñas, pero chegou o tempo de falar, crear e actuar! E precisamos de toda a vosa axuda e folgos para facelo!

Se tes ideas que expoñer e se podes ser voluntaria ou voluntario, contacta con nós en amigasdasarboresvigo@gmail.com 

Necesitámoste!!


Reservade a data:
23 outubro 2025


Apertas,

Xunta Directiva da Asociación Amigas das Árbores e a Biodiversidade de Vigo

 

Soutenir maintenant
Signez cette pétition
Copier le lien
Facebook
WhatsApp
X
E-mail