
Fene Funciona
Oct 26, 2017
Esta mañá a primeira hora rexistrouse no Concello de Fene un escrito asinado polo partido Participación Democrática Directa de Galicia, as siglas baixo as que se presentaron ás eleccións os concelleiros de Somos Fene. Neste escrito, dirixido á mesa de idade, reafírmanse na súa decisión de expulsar aos concelleiros César Castro e Xoán Manuel Bastida da súa organización política e, polo tanto, solicitan á mesa de que exclúa do cómputo da votación ao estes dous concelleiros. Visto este escrito e as súas consecuencias, a mesa de idade paraliza o pleno porque non se dan as condicións que marca a lei electoral para a celebración da moción de censura.
A presentación deste escrito reafirma o feito de que estes dous concelleiros son tránsfugas e non están en condicións de asinar unha moción de censura, independentemente de que o procedemento na vía xudicial siga o seu curso normal.
Grazas a tod@s polas vosas sinaturas e apoio!
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X