Contra a privatización do parking do novo hospital de Ourense

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 7.500!


O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) da XUNTA de Galicia construíu o novo parking do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), e decide privatizalo en lugar de xestionalo de xeito público. É unha estratexia do PP do Goberno Galego, da Deputación Provincial e do Concello de Ourense para saquear os recursos de todos, e por iso opóñense á proposta de xestión pública formulada polo Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) de Ourense e apoiada polo resto de partidos políticos e sindicatos. Loitemos coas nosas sinaturas contra este saqueo dun ben que é de toda a cidadanía. Demostremos ós espoliadores do PP que non poderán privar deste tesouro á xente de Ourense. Neguémonos a vendernos a empresas que se aproveitan das enfermidades da xente para enriquecerse. O parking do novo hospital fíxose con fondos públicos, e debe ser público en lugar dun negocio en sospeitosas mans privadas. A nosa sinatura é a nosa ferramenta de loita. Empreguémola a fondo. 



Hoy: PSdeG-PSOE de Ourense cuenta con tu ayuda

PSdeG-PSOE de Ourense necesita tu ayuda con esta petición «SERGAS : Contra a privatización do parking do novo hospital de Ourense». Únete a PSdeG-PSOE de Ourense y 6.523 personas que ya han firmado.