Petition updateReparar la carretera EP-2702 entre Amoedo y Os Valos, llena de peligrosOUTRO ACCIDENTE MÁIS NA EP-2702, NO CRUCE DOS VALOS
PILAR SAMPIL SANCHEZSpain
2 Jul 2026

🚨 OUTRO ACCIDENTE MÁIS NA EP-2702, NO CRUCE DOS VALOS 🚨
O 24 de xuño volvemos vivir un novo accidente na EP-2702, no cruce dos Valos. E, unha vez máis, a causa volve estar no lamentable estado da estrada e do seu firme, mentres a Deputación continúa mirando para outro lado.
Neste caso, tratábase dunha nai que se dispoñía a levar aos seus dous fillos pequenos, polo que a situación puido ter consecuencias moito máis graves.
A condutora viuse obrigada a apartar o vehículo para evitar unha colisión frontal con outro coche que circulaba en sentido contrario, xa que hai tramos nos que é practicamente imposible que crucen dous vehículos con seguridade. Ao verse obrigada a saír cara á beiravía, o pésimo estado do firme provocou que rebentasen dúas rodas do vehículo.
Afortunadamente, nesta ocasión todo quedou en danos materiais, pero ata cando imos seguir xogando coa sorte? Non podemos esperar a que haxa unha traxedia para que a Deputación actúe.
Levamos máis de dous anos reclamando solucións, mobilizándonos, cortando a estrada (LEVAMOS MÁIS DE 65 CORTES DE CARRETERA) e denunciando publicamente o abandono desta vía. Mentres tanto, noutras estradas da provincia continúan realizando actuacións e mantemento, pero a EP-2702 segue esquecida.
As imaxes falan por si soas. O estado da estrada é inaceptable e supón un perigo diario para veciños, traballadores e todos os usuarios da vía.
¿Cantos accidentes máis teñen que producirse? ¿Estamos esperando a que haxa vítimas para que a Deputación de Pontevedra decida actuar?
Esiximos á Deputación de Pontevedra que deixe de mirar para outro lado e comece, dunha vez por todas, as obras que esta estrada leva anos precisando. A seguridade das persoas non pode seguir esperando.

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X