Petition updateReparar la carretera EP-2702 entre Amoedo y Os Valos, llena de peligrosAprobada a execución do primeiro tramo (un km) da carretera EP-2702 Amoedo-Os Valos
PILAR SAMPIL SANCHEZSpain
Feb 24, 2026

Despois de oito anos agardando, a Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar a execución  do proxecto do primeiro tramo (un km) das obras de mellora desta estrada. Foron oito anos de abandono, de promesas incumpridas e de mirar para outro lado mentres veciños e usuarios sufrimos a diario unha vía totalmente destrozada polo tráfico pesado e pola absoluta falta de mantemento.

Cantos anos farán falta para aprobar os sete km que quedan? Outros oito anos por cada km?

A EP-2702 non pode seguir sendo unha estrada de terceira nunha provincia que presume de investimentos e compromisos cos veciños. Non estamos a pedir luxos, estamos a esixir seguridade, dignidade e solucións reais, non migallas nin anuncios de cara á galería.

Seguiremos reivindicando ata que se aprobe e execute a reforma completa da EP-2702.

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X