Que Apple inclúa en OSX e iOS o galego como unha opción de idioma

El problema
Chegou a hora de que Apple Inc. inclúa o galego como opción de idioma nos seus sistemas operativos de escritorio e para móbiles (OSX e iOS). Non nos faltan razóns para iso.
O galego é a lingua cotiá dunha comunidade lingüística que se estende, máis alá do territorio de Galicia (2.800.000 habitantes), ás áreas máis occidentais de Asturias, León e Zamora, ademais de tres pequenos lugares de Extremadura. Ademais, as circunstancias históricas da emigración da súa poboación por todo o mundo fixeron que existan áreas con ampla presenza de comunidades galegas que conservaron a súa lingua como vehículo comunicativo, non só no ámbito privado, senón tamén no público, a través de publicacións periódicas, literarias ou mesmo na comunicación radiofónica dos países de acollida. Persisten amplas comunidades de falantes en cidades como Barcelona, Zúrich, Montevideo ou Bos Aires.
Máis alá desta realidade lingüística, o galego é ademais lingua oficial en Galicia. Así o establece o Estatuto de Autonomía dende 1981. A lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade o 15 de xuño de 1983, garante e regula os dereitos lingüísticos dos cidadáns, especialmente os referidos aos ámbitos da administración, a educación e os medios de comunicación.
A lingua galega pertence á familia das linguas románicas --como o francés ou o catalán-- e é o resultado da evolución do latín introducido polos romanos no noroeste da Península Ibérica. Dende o século IX a lingua falada nesta área era tan diferente que se considera a existencia de dúas linguas: o latín e o galego. O documento literario máis antigo que coñecemos actualmente é a cantiga satírica "Ora face ost'o senhor de Navarra", escrita a finais do século XII por Joam Soares de Pavia. O galego chegou a ser a lingua da poesía lírica en toda a península ibérica (fálase de poesía lírica galego-portuguesa, porque ata mediados do século XIV formaron un mesmo tronco lingüístico).
A consolidación do galego non tivo lugar ata o século XX. A recuperación do galego como lingua histórica, cultural e literaria confirmouse cara a finais do século XX, coa consecución do seu status de lingua oficial xunto ao o castelán en Galicia, a fixación dunha norma ortográfica e morfolóxica e a súa introdución no ámbito escolar. Na actualidade enténdea o 99,1% da poboación, a fala o 91%, lea o 68,5% e escríbea o 57,6.
A pesar desta realidade lingüística, política e sociolóxica, Apple Inc aínda non incluíu o galego como unha as opcións de idioma dos seus sistemas operativos. Datos recentes mostran que OS X ten unha penetración do 7% no mercado de sistemas operativos de escritorio e iOS de case o 60% no ámbito dos teléfonos intelixentes. Pero ningún dos dous ofrecen a lingua galega entre as súas opcións de configuración.
Solucionalo nin é complicado nin caro e moito menos para unha empresa das dimensións e cos recursos con que conta Apple. Cremos que chegou a hora de que Apple Inc atenda a nosa petición: que OSX e iOS inclúan o galego como unha opción de idioma.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 9 de septiembre de 2013