Pola mellora do transporte público en Bergondo

El problema
Dende que a nova concesionaria, Monbus, entrou a prestar o servizo de transporte público na zona, son recurrentes as queixas entre as persoas usuarias.
Retrasos, falta de información nas paradas, a información da web no se corresponde coa realidade, non hai unha referencia nas frecuencias, e en algúns casos, as prazas son insuficientes e ten que quedar xente en terra.
Entrando máis en detalle, a liña que cubre o traxecto A Coruña - Betanzos, utilizada polo estudantado para ir ao instituto, non esta acorde aos horarios destes como o estaba anteriormente, de xeito que ou ben chegan tarde as clases, ou teñen que agardar bastante tempo a porta do centro ata que abre. Esta situación fai que os proxenitores teñan que facer autentico encaixe de bolillo para poder achegalos en coches particulares. Para volver, en algunha ocasión ten quedado xente en terra por falta de prazas.
A xente maior e a que acude aos seus centros de traballo, deixa tamén de utilizar o servizo por falta de información, non teñen unha referencia nas frecuencias, e en algún caso teñen agardado na parada máis de 45 minutos.
No caso da liña A Coruña - Ferrol, o estudantado que acode a universidade ten que agardar ata 3 horas para poder volver a casa, cando antes agardaban unha hora. Teñense dado reforzos, pero na liña directa entre cidades, non así nas que realizan paradas intermedias, que sería o caso.
É a pescada que se morde a cola. A Xunta suprime servizos porque non se usan; e a veciñanza non usa o transporte público porque este non esta adaptado as súas necesidades.
Polo exposto anteriormente solicitase a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia que se volva a prestar o servizo de transporte público en autobús como se viña facendo con anterioridade ao último concurso adxudicado, isto é:
- No caso da liña A Coruña - Betanzos, frecuencias cada media hora dende as 07h as 22h durante a semana, e cada hora nas fins de semana.
- No caso da liña A Coruña - Ferrol, retomar as frecuencias con paradas intermedias que se prestaban con anterioridade.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 27 de septiembre de 2022