José García Buitrón fillo adoptivo de A Coruña
El problema
O sábado 17 de setembro deixábanos, de maneira inesperada, o noso querido José García Buitrón, desencadeando unha enorme onda de mostras de pesar e unha grande cantidade de recoñecementos á súa persoa e traxectoria vital e profesional, na Coruña e no resto de Galicia e España.
Nado en Toreno (León) no ano 1945, José García Buitrón estudou Medicina, para afincar a partir da década dos 70 a súa residencia na cidade da Coruña, onde desenvolveu unha brilante traxectoria profesional no ámbito sanitario marcada por fitos como a súa intervención no primeiro transplante de órganos realizado en Galicia no ano 1981, sendo un dos promotores da creación do programa de transplantes de Galicia, así como responsable da Oficina de Coordinación de Transplantes. Entre o 2007 e o 2009 foi xerente do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).
O seu exercicio da profesión caracterizouse pola súa alta cualificación e o seu compromiso social, realizando un importante labor solidario en diferentes países de América Latina e do mundo, contribuíndo a implantar programas de transplante renal en Cuba, Trinidade e Filipinas. A súa visión progresista e a súa confianza no futuro levouno a entusiasmarse con campos como a robótica e seguíu os avances na súa aplicación á medicina con auténtica paixón.
Foi tamén unha persoa de forte compromiso político, cunha traxectoria política extensa, diversa e moi vencellada á cidade de A Coruña. Firme loitador contra a dictadura, presentouse na candidatura de Domingos Merino, primeiro alcalde democrático da Coruña. Estivo afiliado a Esquerda Galega ate o ano 1986, e apoiou a candidatura do PSOE de Javier Losada no ano 2007. Nas elecións xerais do 2016 foi elexido Senador pola coalición eletoral En Marea. Nos últimos anos exerceu como Coordinador local de Podemos na cidade.
Pepe García Buitrón, foi unha persoa cálida e alegre, dunha vitalidade extraordinaria. Exemplo de como é posible imaxinar un mundo máis xusto no que o progreso e os recursos estean ao servizo das persoas, para construir unha sociedade mellor. Unha persoa xenerosa, que tivo un grande impacto positivo na sociedade Coruñesa pola súa vocación de transformación e a súa vontade de crear vidas mellores para tódalas persoas, e a súa importante contribución ao desenvolvemento e prestixio internacional do noso Hospital.
Por todo isto, as persoas que apoiamos esta petición, instamos ao Concello da Coruña a declarar a José García Buitrón, en correspondencia á súa traxectoria vital, como fillo adoptivo de A Coruña.
Petición cerrada

Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 30 de septiembre de 2022