Petition Closed
Petitioning Presidente da Xunta de Galicia A Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo dimisión!. A Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.: A súa demisión é un imperativo ético.

Porque non é digno para presidir o goberno de todas e todos os galegos, porque non é crible nas súas explicacións en relación coas fotos co capo galego Marcial Dorado, condenado a 14 anos de cadea por narcotráfico. Porque non é posible que un alto cargo de sanidade, nos '90, a man dereita de José Manuel Romay Becaría, descoñecera que toda unha xeración morrera xa en Arousa (a xeración perdida) por causa do SIDA, cando as nais galegas contra da droga estaban fartas de pedir axuda nos xuzgados do país, ate que Baltasar Garzón as escoitou na Audiencia Nacional e dou comezo á Operación Nécora, aquela que marcou un antes e un despois na loita contra do narcotráfico en Galicia. Porque en 1993, Sr. Feijóo, miles de persoas convocadas polas nais de Erguete, de Esperta Cambados, e de tantas outras entidades, maioritariamente de nais desesperadas, convocaron unha gran manifestación en Vilagarcía de Arousa e logo en 1994 en Vigo, reclamando, entre outras cousas, o isolamento social dos narcos, para evitar a súa impunidade e ostentación públicas, tan habitual daquela, especialmente en Arousa. Porque Galicia non merece un Presidente que, nos anos '90, buscou a amizade dun capo, viaxou con el, paseou no seu barco, visitou a súa mansión na Illa, propiedades imposibles de gañar honradamente.

Letter to
Presidente da Xunta de Galicia A Alberto Núñez Feijóo.
secretaria.presidente@xunta.es