Evitar a supresión da materia Xeografía e Historia de Galicia (optativa en 2º de Bach.)

El problema
Estimadas/os colegas:
O anuncio dos novos currículos de ESO e Bach. para Galicia suprimen a materia Xeografía e Historia de Galicia como optativa de libre Configuración Autonómica ofertada para 2º curso de Bach. na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais como pode verse na pax. 5 ao fondo do documento que difundiron na tarde de onte
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/presentacion_medios_22abril.pdf
É a estocada definitiva a unha materia que tiña 4 horas lectivas e se impartía na maior parte dos IES de Galicia ata o seu "desdoble" en 2 materias (Patrimonio e Arte de Galicia e Xeografía e Hª de Galicia) de 2 horas cada unha. Esta medida reduciu moito xa a demanda de ambas as dúas materias porque esa carga horaria dificulta moito o encaixe de materias escollidas polo alumnado nos horarios dos centros de xeito que se foi espallando paseniñamente a cultura da reducción de optatividade para facilitar o labor de organización da oferta educativa e da docencia nos centros nun contexto de reducción de persoal, aumento das ratios alumnado/ aula e subida, tamén, ata 10 do nº mínimo de matriculados nunha materia para que esta se poida impartir.
Ahora, a supresión directa desa materia, aínda que argumenten que refunden os contidos na de Patrimonio e Sociedade de Galicia perxudica gravemente as posibilidades de aprendizaxe do alumnado sobre a identidade territorial e histórica de Galicia.
Por iso rogo que os departamentos da Facultade de Hª da USC tomen con urxencia as medidas que estimen axeitadas en defensa da materia Xeografía e Historia de Galicia suprimida, de momento, na oferta educativa difundida pola Consellería de Educación. Si publican os ditos curricula esquecendo ou suprimindo os desa materia estaría definitivamente erradicada do sistema educativo galego.
Si estades de acordo en que se manteña a materia Xeografía e Historia de Galicia como optativa de LCA nos novos currícula, asinade e difundide esta petición encamiñada ás facultades de Xeografía e Historia de Galicia e ao Consello da Cultura Galega para que asuman a xestión das nosas inquedanzas a propia Consellería de Educación.
grazas, saúdos cordiais e moita forza
Raul Soutelo Vázquez
Profesor de Xª e Hª no IES Campo de San Alberto de Noia
Raul SouteloCreador de la petición
Esta petición ha conseguido 3392 firmas

Petición cerrada
Comparte esta petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 23 de abril de 2022