Petition updateElixir Riquiño como Palabra do Ano 2023

Proposta fracasada

Marcus FernándezA Coruña, GA, Spain
14 Dec 2023

Con 2 días de retraso anunciáronse as candidatas a Palabra do Ano 2023, e por desgraza a Real Academia Galega optou por facer unha selección extraordinariamente arbitraria, e incluso tiveron a feliz idea de coller a proposta de riquiño e, en vez de rexeitala, convertérona en feitiño, o que claramente desvirtúa a motivación da proposta.

Non chego a entender este tipo de decisión por parte da RAG, que o ano pasado aceptou comadre cando a definición da palabra proposta non estaba recollida no dicionario, exactamente igual que como acontece con rico. A RAG segue sen aceptar a definición de comadre proposta, pero estou seguro que a de rico que agora rexeitan rematarán incorporándoa, pois emprégaa toda a poboación, en só a rexeitan os académicos, que por outra banda aceptan meter no dicionario burradas como desfrutar, despois de décadas considerando que era un erro moi grave.

Iso si, para aceptar unha palabra inventada, como cibercarracho, que unicamente se emprega no espazo de CiberEsther (que recomendo ao 100%), non hai problema; e o que me parece moito máis tolo é que conten entre as finalistas a educación emocional e dereitos humanos, que directamente non son palabras (e tampouco están recollidas no dicionario).

A miña conclusión é que a RAG fai o que lle peta coa Palabra do Ano, e o proceso de selección de finalistas é tan opaco como absurdo. Cando menos serve para que se fale un par de veces ao ano do Portal das Palabras... 

Para homenaxear ao noso benquerido Hemato teremos que empregar outras plataformas, e seguro que nos vindeiros meses haberá moitas máis ocasións para representar a fonda pegada que deixou.

En calquera caso, moitísimas grazas a todos os que apoiastes esta proposta.

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X