Por unha edición de Tolkien en galego de calidade

Petición cerrada

Esta petición ha conseguido 139 firmas

El problema

Para a editorial

Dende hai xa uns anos existen en galego traducións dalgúns libros de Tolkien ao galego, nomeadamente O señor dos aneis e O hobbit, dúas das obras magnas da literatura fantástica universal. Porén, a editorial encargada de publicar os ditos títulos decidiu facelo baixo uns criterios de publicación de baixo estándar: dentro dunha publicación xuvenil, en tapa branda, cun papel de calidade discutible etc. 

Así pois, coa presente petición pretendo demostralle a Xerais, editora da primeira edición en galego, ou a calquera outra editorial interesada, que existe un verdadeiro interese por parte de nós, os consumidores, de poder gozar dunha edición en galego de Tolkien de calidade. 

A lingua galega debe ser vehículo de literatura universal nas mellores condicións posibles, e Tolkien é unha das máximas figuras da literatura fantástica, máis aló de edicións xuvenís de peto.


Asinado: un consumidor galego

Los destinatarios de la petición

Edicións Xerais de Galicia
Mundo editorial galego

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 23 de noviembre de 2017