Non ao peche de O Agro e Labranza na TVG
El problema
Carta de apoio aos programas O Agro e Labranza da TVG
Na lexislatura do rural, queremos programas informativos do rural
Señora Conselleira do Medio Rural, Dona Ángeles Vázquez.
O programa “O Agro” da TVG, así como o seu irmán maior “Labranza”, veñen sendo dende hai máis de 25 anos un referente da televisión pública de calidade e o principal escaparate cotiá do noso mundo rural ante o conxunto da sociedade galega.
A Galicia rural e a urbana viñan contando a través de O Agro, cunha ventá á que asomarse para coñecer o que se estaba a facer de valor no agro, na gandería, na industria agroalimentaria, na artesanía, no desenvolvemento rural e no eido forestal.
Emprendedores, xente nova, empresas familiares, novas tecnoloxías e enerxías renovables, novos procesos e produtos, artesanía, agricultura tradicional e ecolóxica, entraron nas nosas casas grazas a O Agro, permitíndonos coñecer as iniciativas de homes e mulleres que apostaban sen medo polas posibilidades do agro, do rural, para desenvolver un proxecto vital atractivo, para o seu futuro e o das súas familias.
A desaparición de O Agro na programación da CRTVG, significa pechar esta ventá sen deixar alternativa, precisamente nun ano no que o Presidente da Xunta anunciou a que sería a “lexislatura do rural”, e nun momento de orzamento expansivo da Consellería do Medio Rural. Sendo a maiores un programa que lonxe de producir indiferenza no público, tiña altas cotas de seguimento entre os telespectadores.
Por último, o programa desaparece sen ningún tipo de xustificación nin aviso previo, cunha total falta de transparencia impropia dun medio público de comunicación, e sen ter en conta o seu importante rol como programa vertebrador da Galicia rural e urbana, cada día máis alleas e desconectadas unha da outra.
Por todo elo solicito que se reconsidere de inmediato a decisión da súa Consellería de reducir en gran medida a financiación destes programas, de forma que se manteñan na programación da CRTVG co mesmo espírito de divulgación, coa mesma calidade e vocación de servizo público, que O Agro e Labranza veñen amosando todos en estes anos de emisión ininterrompida, e que lles permitiu entrar nos nosos fogares para darnos unha visión real, á vez que distinta e ilusionante do rural galego.

Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 23 de abril de 2017