

Primeiramente queremos agradecerche que asinases esta iniciativa. Sexas de onde sexas, o teu voto é moi valioso para un pobo que recibiu recentemente un golpe moi duro.
O día 19 de Mayo, nun pleno extraordinario, todo o equipo de goberno do noso Concello, VOTOU A favor das DÚAS MACROPLANTAS DE BIOMETANO que están proxectadas no noso pobo.
Por unha banda, din non ter o proxecto dos enxeñeiros e Moeve, pero por outra , votan a favor. Deron as costas a todos os veciños e veciñas de Abadín.
Nin sequera nos permiten gravar os plenos, baixo ameaza de suspendelos.
A próxima semana PECHAREMOS ESTA CAMPAÑA de recollida de firmas.
Pedímosche un último favor, comparte entre os teus amigos, familiares, compañeiros...
Porque todos sabemos que un gran de area sumado a outro gran de area, e a outro, e a outro...conseguen crear unha duna.
Reiteramos o noso agradecemento.
XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES !!!
@stopbiogasabadin