Cuberta para o novo parque do Barrio do Hospital (Monforte de Lemos, Lugo)

Cuberta para o novo parque do Barrio do Hospital (Monforte de Lemos, Lugo)

Creada
9 de junio de 2022
Firmas: 159Próximo objetivo: 200
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Iniciada por ANPA A Gándara

As ANPA dos centros educativos e as nais/pais/titores dos nenos/nenas/rapaces/rapazas do concello de Monforte de Lemos SOLICITAMOS que se dote dunha CUBERTA ao novo parque que se está a construír no Barrio do Hospital desta cidade.

O concello de Monforte de Lemos nos últimos tempos ten realizadas melloras nos diferentes parques infantís existentes por estar englobadas no programa de mellora de infraestruturas da cidade, un compromiso adquirido previamente coa cidadanía pero non son suficientes.

Tras unha serie de inconvenientes que produciron a paralización das obras do Parque do Barrio do Hospital desta cidade, o pasado mes de abril puidéronse retomar os traballos neste. Estas obras non avanzan segundo o planificado porque se cría que poderían estar rematadas no mes de xullo, algo que non sucedeu xa que estamos no mes de outubro e non está aberto ao público. No proxecto actual fálase de pavimento de caucho, de céspede artificial, de mobiliario, de valla perimetral, do novo estacionamento, de zonas verdes, de elementos biosaudables, de parque de xogos infantís, de paseos peonís... pero non de opcións (faltan árbores cun tamaño axeitado) que permitan desfrutar da zona de xogo en días de moito sol, de choiva... que supoñen a inmensa maioría.

É de agradecer que se tivera en conta esta zona da cidade, un tanto deixada ata o momento en dotación de espazos públicos destinados ao lecer, que experimentou un gran desenvolvemento cun notable aumento da poboación á que se achega un número de persoas moi elevado. Por todo o anterior consideramos imprescindible dotar este novo parque dunha CUBERTA, a cal non suporá un gran orzamento e si moitos beneficios para o conxunto da poboación do noso concello. En Monforte non contamos con ningún parque infantil que teña cuberta, xa que o único de uso público é a pista deportiva sita no Parque Municipal-Infantil Rúa Doutor López Suárez e o seu uso é moi limitado por constar unicamente dunha cancha para a práctica do fútbol e do baloncesto. Contar cunha zona de esparexemento tapada onde poder estar coas crianzas cando se alcanzan as elevadas ou baixas temperaturas tan típicas do noso clima ou en días de choiva é investir no benestar da poboación e no crecemento da zona. Ademais este gran servizo é ofertado por un gran número de concellos (varios destes moito máis pequenos que o noso): Culleredo, Allariz, Maside, Oleiros, Mera, Lugo, Porto do Son, Trives, Nogueira de Ramuín, Boiro, Ordes, Rianxo... e non queremos ser menos.

Por todo o anterior lanzamos esta campaña en Change.org!

Apoyar ahora
Firmas: 159Próximo objetivo: 200
Apoyar ahora