Paralización das amortizacións de persoal na Rede Galega de Escolas Infantís A Galiña Azul e conservación da parella educativa como piar fundamental da Rede

El problema
A principios do mes de xullo o conxunto das persoas que formamos parte da comunidade educativa (educadoras, persoal de servizos xerais, alumnado e nais e pais) da Escola Infantil A Galiña Azul de Vilagarcía de Arousa fomos informados de que a partir do mes de setembro o noso centro perderá dúas prazas coas que viña contando dende a súa inauguración: unha educadora e unha PSX, ademais de suprimirse a praza de mestra que nunca se chegou a cubrir.
Esta decisión non afecta exclusivamente ao noso centro, senón que atinxe a un total de 35 escolas da Rede xa en funcionamento e a 14 de nova apertura no curso 2015-2016.
Esta nova situación fará que o servizo que lle viñan prestando aos nosos fillos e fillas se vexa deteriorado xa que se van ter que limitar moitas das actividades que desenvolvían ata o momento ao non contar con persoal suficiente para levalas a cabo. Tamén se vai dificultar a conciliación das familias: ao ter só unha persoa de referencia, e se esta causa baixa por calquera motivo, as crianzas poden ter que pasar a un novo período de adaptación improvisado e sen planificación posible por parte das familias.
Dende a ANPA O Año Pitaño queremos poñer en marcha esta petición para solicitarlle ao Consorcio Galego do Benestar o fin desta situación de desmantelamento da Rede e a garantía do seu mantemento baixo os parámetros nos que foi creada e cuxos eixos principais aínda podemos ler na propia páxina web do Consorcio Galego do Benestar: “A aposta pola calidade vertébrase arredor de dous elementos fundamentais: a redución da ratio de alumnos/as por educador/a e a formación continua. Para facer posible o primeiro, apóstase pola parella educativa”. Figura que desaparece despois das amortizacións plantexadas.
Por todo isto esiximos ao Consorcio Galego do Benestar que rectifique esta política de amortizacións na que está inmersa e que devolva á rede das Escolas Infantís de Galicia a calidade e identidade coa que foi creada. Non queremos volver a un sistema onde prime o concepto de garda e custodia que xa entendíamos superado.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Petición creada en 23 de julio de 2015